O amor en todas as súas vetentes, o coidado da natureza, a vida saudable ou quererse a un mesmo son algúns dos valores que están presentes en #LivingArt, a nosa exposición con obras de artistas locais que podes ver estes días en Marineda e que enchen o centro de moita cor!
Falamos con todos eles para que nos conten en que se inspiraron para crear as súas obras.
Julia Lago
«A idea era retratar as múltiples formas amor. Que cada persoa que pase por diante da obra poda manifestar o seu amor da forma que máis lle represente», con Julia Lago, ilustradora e debuxante de cómics. Julia leva debuxando dende que ten uso de razón e, profesionalmente, dende fai dous anos: «Foi cando me din de alta en autónomos». O sue gran mural rosa no segundo andar é unha oda ao amor. «Transmite a idea de comunidade, de amor múltiple do colectivo».
Define o seu estilo como construtivo: «Intento debuxar conceptos de cómo me gustaría que fose o mundo. Uso liña negra, cores planos y os meus traballos teñen un toque un pouco naif». Está feliz con poder ensinar un anaquiño da dúa obra en Marineda: «É xenial que conte con artistas locales a pequena escala porque é unha oportunidade para mostrar o noso traballo».
Rebeca Losada
«A idea é representar o estilo como unha actitude», explica Rebeca Losada sobre o gran mural de tres amigos gozando dun día de compras, que se pode ver na planta baixa. «Son tres amigas que van camiñando forte. É unha obra que fala de apoderarse do mundo, de que o estilo é algo moi persoal e tamén algo atemporal». Ilustradora dende hai dez anos, Rebeca Losada é un dos grandes talentos locais, que pasou de vender as súas ilustracións en mercados de artesanía a deseñar o cartel das Festas de María Pita.
Traballou no mundo da industria téxtil e tamén no da música: as súas obras pódense ver nas portadas dos discos de artistas como Xoel López. Rebeca cóntanos que ten entre mans un gran proxecto (segredo por agora) que lle fai especial ilusión e que pronto sairá á luz. Que ganas de velo!
Paula Esteban
«Sempre quixen facer un mural e esta foi unha boa oportunidade». Paula Esteban é coruñesa e leva dez anos dedicada ao mundo da ilustración e do cómic. Define o seu estilo como infantil-xuvenil e unha das súas inspiracións para a obra de Marineda é un libro que leu de nena e que lembra con cariño: Onde viven os monstros. «É unha homenaxe a moitas cousas, pero quizais o que pensaba era o que significaba ese libro para min».
Para #LivingArt realizou dúas ilustracións: unha inspirada na educación e outra para promover a alimentación saudable entre os máis pequenos cun debuxo dunhas das verduras máis divertidas correndo.
Inés Vázquez
Liberdade. Esa é a palabra sobre a que xira o traballo de Inés Vázquez para Marineda. «Representeino coa que máis me gusta facer e algo que me parece moi divertido e que che fai sentir libre: andar en monopatín». Inés Vázquez é ilustradora e traballou no mundo da animación para debuxar fondos tanto para películas como para series. A súa gran paixón son os cómics.
Facer soñar a través das ilustracións é a principal ocupación de Inés. Para coñecela un pouco mellor podes ler o seu primeiro cómic en solitario: Aldara, a lenda do cervo branco.
Roberto Argüelles
Este artista vigués leva doce anos traballando como freelance. A maxia é un dos conceptos presentes no gran mural cun tigre que se pode ver no segundo andar de Marineda. “Representa a fantasía, a idea de que en Marineda podes satisfacer todos os teus desexos”. Está contenta coa oportunidade de participar en #LivingArt. “Encántame variar proxectos, facer cousas diferentes.
O meu traballo é moi vital, colorido, optimista e co que busco un golpe de cor e formas visuais”. Fan do estilo cartoon e dos debuxos animados, as súas obras non son só unha imaxe bonita, “tamén hai unha historia detrás”. “É case como conxelar un momento, un instante”.
Paula Mayor
“Gústame observar e aprender das diferentes tendencias que van xurdindo”. Paula Mayor é outra das artistas galegas que forma parte da nosa exposición #LivingArt. Nas ilustracións que Paula fixo para Marineda están presentes os soños, a paz ou a solidariedade. “Dende pequena gustábame debuxar. Traballei en diferentes campos da ilustración e do deseño gráfico”, conta Paula.
O feminismo é un tema moi presente en toda a súa obra. «O imaxinario galego é tamén outro dos temas que se poden ver na miña obra, aínda que tamén hai ilustracións máis surrealistas ou infantís».
Para coñecer máis sobre o traballo destes talentos locais, só tes que ir a Marineda e descubrir os seus traballos.
Encantaríanos ver as túas fotos coas súas ilustracións!