LIVING-ART-GALL
 

Living Art!: talento de ruta en Marineda City

Somos uns fanáticos empedernidos da cultura local e, como temos a sorte de vivir entre grandes artistas cunha creatividade e talento abraiantes en todos os ámbitos e estilos, lanzamos unha iniciativa que aposta pola arte gráfica.

Co programa Living Art!, buscamos apoiar aos ilustradores galegos colocando as súas obras en distintos espazos e zonas comúns do centro comercial para que poidas coñecelos e gozar deles. É un proxecto vivo, para o que non cesamos de buscar novos talentos para achegar o noso grao de area ao seu percorrido.

Arte de ruta

Da man do Sr. Reny, Jano e Nuria Díaz creamos un roteiro artístico no que poderás descubrir as obras destes artistas galegos, creadas en especial para a ocasión. Que mellor maneira de celebrar 10 anos de vida que dando voz aos nosos e deleitándonos coa súa especial visión do mundo.

Así, cos seus trazos, trasladáronnos ideas como que a moda é unha forma de expresión para comunicar a túa personalidade, e que a nosa capacidade de crear e inventar sempre está presente, e está na nosa man explorala.

Por outra banda, isto non fixo máis que comezar.  Living Art! segue buscando talento galego para encher espazos de  Marineda de historias e puntos de vista únicos.

Ruta de arte

Xa podes visitar os tres primeiros murais do centro, trátase de arte efémera que nace para contarnos unha historia puntual, e esperamos ampliar a nosa exposición con novas colaboracións. Living Art! é un proxecto vivo. 😉

Contámosche onde podes gozar das marabillosas obras dos nosos artistas:

Planta 0- empeza a túa visita entrando ao centro pola porta B, no corredor infantil espérate unha obra de Sr. Reny sobre como a moda nos permite transmitir a nosa personalidade.

Planta 1- subindo polas escaleiras da porta B ao primeiro piso, recíbete o mural de Nuria Díaz, que nos traslada a un lugar de encontro onde non importa quen sexas. É que, para ela, “o lecer é un lugar no que poder ser ti mesmo, sexas como sexas”, coma nós!

Planta 1- ás túas costas, alén do balcón, saúdate outra das obras do Sr. Reny. Que é unha chamada de atención: non esquezamos coidar o lugar no que vivimos. Para Javier Ramírez, “a natureza é unha xoia que protexeremos cunha vida sostible”. E que razón ten!

Temos unhas ganas tolas de ensinarche a creación de Jano. Ten unha potente e preciosa mensaxe, a nosa capacidade para crear sempre está aí. Explorámola?