Día do orgullo: conversando con ALAS A Coruña

Como sabes, abrimos as nosas canles en liña para prestar o micrófono ás asociacións sociais coas que colaboramos ao longo do ano. Hoxe observamos o Día do Orgullo e aproveitamos para coñecer de primeira man a unha asociación que traballa os 365 días do ano por defender os dereitos da comunidade LGTBI.

ALAS A Coruña naceu hai 11 anos e o seu obxectivo é alcanzar a igualdade real e para logralo teñen varias liñas de traballo: a cultural, a laboral, a educativa, a sanitaria ou a social.

Un camiño cheo de logros

A primeira mensaxe que nos transmiten é positivo, pois son moitos os logros que se alcanzaron nos últimos anos. É bonito coñecer que “España é un dos países do mundo onde a comunidade LGTBI ten maior apoio social”, cóntanos Óscar Rodríguez, técnico de ALAS A Coruña. Pero tamén nos explicou que desde a aprobación do matrimonio igualitario estamos a quedarnos atrás en comparación á nosa contorna máis inmediata. E é que, o 72% das persoas LGTBI non son visibles no seu traballo e, segundo información de COGAM a principal causa de acoso escolar é ser ou parecer LGTBI.

Sen pausa, pero con présa

ALAS traballa sen descanso por sumar logros á historia. Con programas como o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, un servizo gratuíto aberto a toda a cidadanía, que é unha canle de comunicación entre vítimas e administracións. Doutra banda, este programa rexistra e denuncia casos de odio e presenta unha memoria anual que resume a súa actividade, podes ampliar a información coa memoria de 2020.

Sen esquecer a apertura do seu local na Sacra Familia, na Coruña, tras un ano tan complicado como foi o 2020. “Da apertura deste espazo non só benefícianse as nosas persoas asociadas senón tamén o conxunto da sociedade, xa que nosas as portas da nosa sede están abertas para quen precise dos nosos servizos, sen importar a súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero.”, comenta Óscar Rodríguez.

Ademais, queremos destacar o seu labor impartindo talleres de diversidade en diferentes institutos de toda Galicia neste curso académico 20/21 tan difícil para a comunidade educativa.

Os apoios deben continuar

 Importante neste labor é o traballo dos seus voluntarios e tamén a achega do tecido empresarial tanto nas súas contribucións económicas como na resposta ás súas demandas a nivel de igualdade e que apliquen as súas recomendacións ás estratexias de Recursos Humanos e a Responsabilidade Social Corporativa.

“Colaborar con Marineda City ofrécenos chegar ao público tan heteroxéneo que día a día pasa polo seu centro comercial á vez que brindamos un asesoramento en materia de diversidade.”, destaca Óscar. E para nosotrxs é toda unha honra poder contar coas súas palabras no noso centro, cedendo o noso punto solidario en diversas ocasións do ano, e achegar un granito de area para conseguir un mundo igual para todxs.