Asusta a todos en Halloween con estes conxuntos terroríficos!

Well, well, well, chega a data esperada para moitos, e nos estamos aquí para poñerche os pelos de punto cos disfraces de Halloween que atopamos en Marineda. Pero, ollo! Está difícil a selección este ano porque todas as opción son espeluznantes. Boo!

Entón, quen se apunta a dar unha volta por Marineda e ver os mellores conxuntos, complementos e maquillaxes de Halloween deste ano? Let´s do this!

O Zombie Outfit está máis vivo que nunca!

Un bo zombie sempre vai estar activo e pendente de todas as novidades. Por iso, as novas  lentes de contacto diarias de fantasía en cor White out, dun só uso de Multiópticas non fallan. Son o complemento perfecto para aterrorizar a quen se poña por diante dun zombie cool.

Pero para unha mirada aínda máis intensa, atopamos a paleta de sombras de ollos de Natasha Denona en Sephora. En definitiva, ten 5 tons esenciais para crear ese característico “ollo afumado” máis coñecido como o “ollo de zombie”.

Cando se trata de disfrazarnos como unha persoa que acaba de saír do after, vimos algo un pouco máis elegante. O body de manga longa de tul con detalles de tea de araña negro de Woman Secret encantounos! É o que andabas buscando, verdade? Sabémolo.

E Si! tamén pensamos nos máis peques. O Disfrace de zombie para nena de H&M en punto suave con motivo fantasmal cremos que é un must. Ideal para a noite de Samaín!

Para os que viven noutro planeta, unha dose de complementos alieníxenas

Bimba y Lola nunca defrauda e na súa nova colección sacaron un anel verde con forma de extraterrestre en resina con cristais incrustados nos ollos verdes. É moi creepy e por iso flípanos!

Para seguir cun look en grao sumo extraterrestre, fómonos á cor neón e H&M deseñou unha diadema revestida en satén con aplicacións de orellas de gato brillantes e flequillo en cor verde. Neon lovers!

Paráchesche a pensar como sería ser alieníxena algunha vez? Agora os máis peques poden sabelo porque Zara sacou na súa colección de Halloween este incrible disfrace de marciano. E.T is calling you!

O diaño vístese de guapa

Queres sorprender cun disfrace de moza mala? Aquí estamos para axudarche! Despois de facer un duro exercicio de investigación, cremos que o top con plumas de Zara semitransparente de escote halter e manga sisa é o elixido. En serio, unhas ás de pluma non poden faltar na túa noite de Halloween!

Pero non se che ocorra poñerche ás sen os complementos adecuados. Necesitas uns cornos inspiración Maléfica. Claire’s xa ten a súa diadema con cornos e plumas!

Pero imos darlle un toque de cor a este conxunto! Tous deseñou para Halloween un colgante vermello neón de prata co seu mítico osito pero, dá miedito!

Completa o look de diabla cunhas lentes de contacto de fantasía de Soloptical. Asusta a todos con esa mirada de medo!

É hora de facer un esconxuro para ter un conxunto de bruxa

Volvemos á colección de Halloween de Zara porque atopamos uns mitones de tul bordados que poden ser o compoñente perfecto para facer do teu outfit, the best one!

Unha bruxa sempre leva consigo un pintalabios e esta vez ti levases o labial líquido mate de cor azul eterna de Kiko. Ademais, ten un acabado mate total!

E dar no cravo con este disfrace, que é o que non pode faltar no armario dunha bruxa? Un chapeu de bruxa, for sure. Tiger ten un chapeu de bruxa que nos encanta. A ver cantos esconxuros fas a noite de Halloween!

Agora xa podes asustar a calquera ou simplemente ser a raíña da festa de Halloween.

Non te perdas todas as próximas novidades de Marineda!