May the 4th star wars
 

Os personaxes de Star Wars toman Marineda, May the 4th be with us!

Hai un soldado imperial escondido en Marineda City! Víchelo xa? Colouse no corredor infantil da man do Sr. Reny, con motivo do proxecto de arte en roteiro Living Art! xa te pasaches a velo? 😉

Como xa sabes, no centro somos moi de Star Wars e queremos celebrar este May the 4th con esta entrada imaxinando que os personaxes nos visitan. Sabes que faría cada un deles se tivese un día en Marineda?

Leia  Organa

De seguro que esta icona xeracional tería moi clara a súa ruta para un día en Marineda. Uns traxes e botas nas nosas tendas de moda, accesorios e calzado, sesión de salón de peiteado  express en Marco Aldany e unha paradiña para a merenda. Estamos a vela sentada nas cadeiras de Cinesa, cunha boa película. E cun ollo sempre posto no soldado imperial que se esconde nos nosos corredores.

Han Solo

Sabemos que a visita de Han ao centro sería un caos total, dun corredor a outro topándose cos seus favoritos por casualidade. Tras deixar ben aparcado o Falcón Milenario nas nosas amplas prazas de aparcamento, daríase algunha que outra volta e daría coas nosas tendas de tecnoloxía onde, arrastrado por Chewbacca, seguro que se lle pasaba o tempo voando. E desde logo, culminaría a súa visita na Planta 2, deleitándose cos manxares dos nosos locais de restauración.

Luke  Skywalker

Este Skywalkwer tería pouco tempo para perderse nos nosos corredores. Despois dalgunha visita a Clarks ou Massimo Dutti, porque é un tipo moi elegante, sairía correndo a algunha batalla contra Vader da que non pode escapar. Non si?

Darth  Vader/ Anakin  Skywalker

O jedi convertido a mestre Sith reinaría os corredores de Marineda. Recollendo sen entrar ás tendas todo o que se lle antollase. Imaxínate, obxectos voando por todas as partes e Vader co seu paso firme sen pestanexar.

Se por casualidade nos visitase o pequeno Anakin, non podería resistirse a dar voltas incansablemente no noso Karting indoor e rememorar as súas carreiras en Tatooine. E pasaríao en grande!

C3 P0 e  R2D2

O dúo máis gracioso volveríase tolo buscando aos seus amigos, tentado mantelos a salvo do malvado soldado imperial. Nesta misión non terán que activar ascensores, diso encargámonos nós.

Non os vedes facendo tempo en Kiwoko ou calquera das nosas tendas de xoguetes? Dando renda solta á súa curiosidade. 😉 Aínda nos queda algo máis de ano e medio para gozar dunha nova entrega da nosa saga predilecta, pero esperamos verte por Cinesa Marineda en decembro de 2022. Mentres tanto, que a forza te acompañe xa sexas mozx padawan ou mestrx jedi. 🥰 E se es do lado escuro, tamén queremos verte. 😉