Renovamos o noso compromiso co Monbus Obradoiro

Renovamos o noso compromiso co Monbus Obradoiro. Así o explicou esta mañá Ana López, xerente de Marineda City, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada de Daniel Agra, director de Marketing do club, e o adestrador Moncho Fernández. Dentro deste acordo de colaboración enmárcase o Partido Marineda, o encontro entre o Monbus Obradoiro e o Unicaja que terá lugar este domingo no Multiusos Fontes do Sar. Ademais, o patrocinio englobará máis accións, como o sorteo nas canles sociais de entradas para os partidos de liga que se xoguen en casa, a visita de xogadores a Marineda City, etc.

Con esta colaboración, que comezou en xaneiro de 2018, continuamos apostando polo deporte e neste caso, co deporte de élite e facilitando o acceso da afección a partidos do Obra. Este patrocinio súmase aos que mantemos co Real Club Deportivo da Coruña e co Básquet Coruña.

E é que, como sabedes, en Marineda City temos unha especial vinculación co deporte, que se materializou coa creación dun espazo exclusivo dedicado á moda e o deporte na planta 1, no que se atopan marcas como Sprinter, Oteros, Deportienda, Fimsbury, Urban Jungle, Fútbol Emotion ou Tiro Libre, especializada en básquet.

O deporte tamén ten un especial protagonismo na nosa axenda de actividades e cada ano programamos eventos vinculados á práctica deportiva, como a exposición Lendas do Deporte, na que ata o pasado mes de decembro os afeccionados puideron contemplar pezas míticas da historia da competición, visitas de xogadores, torneos deportivos na praza exterior…