Naturgy estrea centro en Marineda City

A multinacional Naturgy, anteriormente Gas Natural Fenosa, e con máis de 120 centros en todo o territorio nacional, inaugurou en Marineda City o seu primeiro centro nun centro comercial, onde os seus profesionais informan aos clientes sobre a súa ampla carteira de produtos e servizos tanto para fogar como para empresas, asesoran en materia de eficiencia enerxética e atenden todas as cuestións e xestións relacionadas cos suministros e servizos enerxéticos.

As persoas que se animen a celebrar esta nova apertura levaranse un agasallo só pola visita e se ademais, realizan unha contratación dalgún produto ou servizo, levaranse tamén un exclusivo xogo de coitelos, xunto á mellor oferta enerxética para o seu fogar ou negocio. A promoción é válida para contrataciones realizadas con Naturgy Iberia, S.A. e ata esgotar existencias.

O centro está situado na planta baixa do centro comercial e estará aberto con horario de luns a sábados de 10 a 22h. Para ampliar información pódese chamar ao teléfono de atención 981 91 36 17 ou ben visitar a web https://www.naturgy.es/