Chicco incorpórase á nosa oferta para familias

Seguimos sumando marcas á nosa oferta para os máis pequenos e pequenas da casa! Hai uns días dabámoslle a benvida a Chicco, unha marca con todo o necesario para bebés e nenos de 0 a 4 anos, desde roupa, calzado, xoguetes e produtos de puericultura ata carrocería de paseo ou para o automóbil.

A tenda, de 160 metros cadrados, está situada no corredor dedicado ao público infantil de planta baixa, na que atoparedes establecementos como Mayoral, Gocco, Pablosky & Friends, Poly ou Centro Xogo, ademais dunha zona de xogos cun polbo xigante e zonas de escalada. E é que nos encanta que veñades visitarnos en familia! Por iso, temos servizos específicos para vós como a pulseira de seguridade infantil, préstamo de cadeiras de paseo ou mochilas portabebés, baños infantís, prazas de aparcamento para familias…

A primeira tenda de Chicco na Coruña
Chicco conta actualmente cunha trintena de establecementos en España e o de Marineda suma o seu cuarto punto de venda en Galicia e o primeiro na Coruña. Esta marca ten como obxectivo estar preto de nais e pais para ofrecerlles as mellores solucións con produtos seguros, fiables e que cumpran cos estándares de calidade máis altos.