Ardentia: xoias artesás e feitas en Galicia para regalar este Nadal

Estes Nadal, como cada ano, a marca de xoiería Ardentia reforza a súa presenza en España con varios puntos de venda entre os que destaca o pop up que estará ata o 13 de xaneiro de 2019 na primeira planta de Marineda. Este súmase á tenda online da marca, que funciona durante todo o ano e na que podedes gañar un vale de 100€ para realizar exclusivamente compras online (pincha no enlace para saber como participar no sorteo).

Ademais, con cada compra realizada no pop up da marca en Marineda, conseguirás un código desconto con portes gratuítos para as compras realizadas na súa tenda online durante todo o ano 2019.

Deseño, personalidade e innovación 

Ardentia é unha marca galega que deseña xoiería en prata de Lei (925) en distintos acabados. A súa proposta baséase na realización de xoias de deseño, forte compoñente de innovación e garantía para toda a súa vida. A firma conta cun servizo de atención ao cliente que pode ser consultado no seu web ou no propio pop up.

A personalidade das súas xoias, elaboradas baixo parámetros de calidade, convértenas nun agasallo ideal para estas festas. Todas elas levan o punzón, oficial e obligatorio, dun Laboratorio de contrastación de metais preciosos, que garante a calidade da prata utilizada e o lugar de fabricación, neste caso Galicia.

Ardentia é un taller artesano, de Bergondo, rexistrado en Artesanía de Galicia, co número 139 e amparado por Galicia Calidade, co número GC-003-0519.