De Roteiro con Marineda: descubrindo a Ribeira Sacra!

Este verán vente de ruta con nós! Levámoste de viaxe por Galicia e recomendámosche os mellores lugares para gozar de todas as marabillas que temos nesta terra incrible! Praias de augas cristalinas, bosques infinitos, moito polbo á feira e veciños marabillosos!

Non te perdas esta serie de rutas por Galicia que acabamos de crear. Tanto se es de aquí como se ves de fóra, disfruta destes consellos e pasa as túas vacacións connosco, seguro que che encantarán as nosas recomendacións!

A nosa primeira ruta por Galicia comeza nun dos lugares máis máxicos da comunidade. É o segredo mellor gardado dos galegos: a Ribeira Sacra. No camiño entre as provincias de Lugo e Ourense, este patrimonio natural é coñecido polos seus viñedos en terrazas que caen sobre os ríos Miño e Sil. Paisaxes únicas nas que descubrir o verde galego, gozar dunha ruta por adegas ou practicar paddle surf no río.

Para vivir ao máximo a ruta pola Ribeira Sacra elaboramos unha lista con algúns dos imprescindibles para visitar esta zona do interior de Galicia.

Un bo sombreiro

Na Ribeira Sacra as temperaturas poden subir algo máis do habitual. É incrible ver como o sol axuda a medrar as vides, que neste momento están no seu mellor momento: cun verde intenso e coas pequenas uvas crecendo. Por iso se vas ir á Ribeira Sacra recomendámosche un bo sombreiro de palla. Podes atopalos en Oysho: téñenos cun deseño moi inspirado na Toscana, perfectos para a Ribeira Sacra. Para eles, calquera gorro de pescador de Zara Man ou Pull&Bear pode ser unha excelente opción.

Processed with VSCO with a6 preset

Vestido de flores

A Ribeira Sacra está chea de impresionantes miradoiros como o de Matacás. Para sacar a foto do verán só tes que posar cun vestido florido e ao fondo a paisaxe desta máxica zona de Galicia. Encántannos as opcións de Zara. Para eles, unha boa camisa con estampado floral é a nosa opción principal. Atópaa en Jack and Jones.

Unha cesta 

Este entorno rural e idílico require complementos naturais. Encántanos a selección de verán de Zara Home que podes atopar na tenda de Marineda City. Este cestiño é ideal para pasar un día de adega en adega na Ribeira Sacra.

Hidratarse bien

Para gozar da ruta de miradoiro en miradoiro, recomendámosche levar contigo unha pequena botella de auga. En Decathlon téñenas de todos os tamaños e deseños, somos fans!

Un bañador

Algo que moitos non saben é que na Ribeira Sacra tamén se pode gozar dun chapuzón no río. Podes facelo na praia fluvial da Cova. Así que antes de planificar a túa viaxe ao corazón de Galicia, non te perdas a tenda de baños Lefties. Teñen excelentes opcións para mozas, mozos e para os máis pequenos!

Para os aventureiros

Se es afeccionado aos deportes de aventura na Ribeira Sacra atoparás diferentes opcións. Podedes facer un percorrido camiñando polo camiño do río Mao, unha incrible e kilométrica pasarela de madeira. Tamén se pode practicar paddle surf no río ou facer sendeirismo polos viñedos. Para equiparte podes visitar a sección de deportes acuáticos de Decathlon. Tamén atoparás uns zapatos moi cómodos e perfectos para percorrer a Ribeira Sacra na nova tenda JD de Marineda City. Para os máis pequenos, unha mochila Vans pode ser a mellor opción para levar consigo todo o que precisan.

Protéxete do sol

Lembra que o máis importante, tanto no verán como no inverno, é estar sempre ben protexido do sol. En Sephora ou Arenal atoparás diferentes opcións en cremas solares para pasar un día moi agradable na Ribeira Sacra.

Agardamos que disfrutedes coñecendo Galicia connosco! Non te perdas a seguinte entrega! Vides de Ruta con Marineda?