Es dos que queres vivir os festivais ao máximo de principio a fin? Deses que gozan da zona de acampada? Pois isto interésache moito! A nosa correspondente especial nos festivais máis chulos do verán, Patricia García @donkeycool, recompilou algúns dos básicos imprescindibles para ir de acampada ao vindeiro concerto.
Unha tenda para descansar
Decathlon é o rei do material de acampada cool e fácil de montar. Se queres un teito para dormir entre xornada e xornada de festival, tes que probar o seu modelo para 2 persoas 2 seconds. Fácil de transportar e dobrar e, ademais, esta tempada está dispoñible en cores moi dos oitenta e moi “Stranger Things”.
Un impermeable por se acaso
Sempre tes que levar un no bolso. Donkeyconsello: en calquera festa galega é fácil que caian unhas pingas e, ademais, non está permitido entrar nos festivais con paraugas. En Decathlon hai moitas opcións! Os favoritos de Patricia García: os de cores neón. Os favoritos de Patricia García: os de cores neón e con debuxos como este de Parfois.
Os extras
Para os máis profesionais, toma unha cadeira plegable: seguro que che axude a descansar e recuperar forzas antes do próximo concerto. En Zara Home sábeno ben e teñen un modelo perfecto para ir de camping (con bolsiño incluido).
Tamén se recomenda que no teu kit de acampada non falte unha neveira para manter as bebidas frescas. As tradicionais, azuis co mango branco, son un básico en Decathlon e unha boa opción para gozar da zona de acampada. Outros detalles para levar na mochila: unha cunca de metal, para o primeiro café da mañá, ou unha máscara de ollos para durmir tranquilamente tamén son bos aliados. E para os máis pro: atención á súper cesta de picnic de Maisons du Monde para por a mesa, incluso na área de acampada do festival.
Un mat
É moi recomendable poder descansar e ter unha cama menos dura. En Marineda City podes atopalos en diferentes lugares. Patricia García é fan dos de Oysho, que tamén son perfectos para facer un pouco de ioga pola mañá e quentar motores para o próximo día de festival.
Protección solar
As horas ao sol durante os festivais poden ser longas. Polo tanto, é mellor levar sempre contigo unha boa protección solar. Ademais, coidar a pel é fundamental en calquera época do ano! En Parafarmacia Castro o Arenal teñen moitas alternativas para todo tipo de peles. Tamén son unha boa opción os protectores de Rituals, que deixan a pel cun brillo perfecto para ser a estrela do festival!
Chanclas e sombreiro
As horas ao sol durante os festivais poden ser longas. Polo tanto, é mellor Non podes ir de campamento sen levar na mochila estes dous elementos básicos: chanclas e un sombreiro. Havaianas ten os mellores modelos de chanclas para descansar os pés antes da próxima quenda de concertos. E para gozar da boa música coa cabeza tapada, en Vans agardan os sombreiros de pescador máis cool.
Con todo isto listo, o único que queda por facer é gozar ao máximo da música en directo. E para ti, cales son as bases do camping? Vémonos na próxima entrega da ruta do festival!