Imos de festival! O esencial de @donkeycool

Este é o verán da boa música, das boas vibracións, dos concertos e dos festivais!!! E en Marineda City imos de festival… Con Donkeycool!!! A nosa reporteira e instagramer máis faladora, Patricia García, infiltrarase nos festivais do verán máis cool. Con ela gozaremos da música e dos looks do Primavera Sound, Son do Camiño… E moitos máis! Ela tamén será a encargada de ensinarnos os mellores trucos para ser o máis estiloso da noite e tamén como gozar dunha boa acampada!!!

De momento, pedímoslle que nos faga unha lista das súas prendas imprescindibles para lucir este verán de festival en festival e que xa podedes atopar en Marineda City!

Os pantalóns, sempre estilo militar

Están totalmente de moda e son os favoritos de Donkeycool para levar de festivais. De cintura súper baixa, como mandan as tendencias dos anos 2000, e con moito rollazo. Podes atopar os favoritos de Patricia García en Bershka: en beige e tamén en verde militar.

Tops de bolboreta e gancho

Non hai nada mellor que uns bos pantalóns cargo, frouxos e longos ata os pés, para combinar con tops de ganchillo ou con forma de bolboreta. Entre os favoritos de Donkeycool están os tops de Bershka, Pull&Bear ou Zara.

Vestidos longos e transparentes

Inspirados nos looks de Coachella, o festival de festivais que se celebra todos os anos no deserto de California, o look para os festivais deste verán leva vestidos transparentes. En Pull&Bear téñenos para a praia e para levar a un concertó de Dua Lipa.

Verde querote verde

O verde lima é a cor do verán e Donkeycool atopou en Parfois de Marineda City o mellor traxe verde para vestir de festival. O séu é de ganchillo e mestura unha saia por debaixo do xeonllo cun top en forma de suxeitador.

O clásico

Hai opcións que nunca fallan. Entre os favoritos deste verán para lucir de festival está o conxunto de shorts vaqueiros cunha camiseta básica e botas altas. Un look perfecto para calquera concerto galego que podes atopar en Zara!

Quedamos con ganas de ver todos os grandes looks que crea Patricia García con todas as opcións que hai en Marineda City. Non vos perdades as nosas redes porque temos moitos vídeos e fotos preparadas para que poidades ir connosco ao festival!