Favs de moda para seriéfilos

“Segues aí?” pregúntanos Netflix en pleno maratón da nova tempada da Casa de Papel, e volveranos a pasar a próxima semana coa estrea da terceira tempada de Sex Education. Pois claro que seguimos aquí! Cos ollos como pratos e equipados coa indumentaria oficial da nosa serie favorita.

Marineda City encheuse das estreas máis esperadas do ano, cal che vas a comprar ti?

Pull and Bear e La Casa de Papel

Mi sono alzato… se a túa cabeza cantou “o bella ciao”, pillámoste! Detector infalible de fans de La Casa de Papel.

Enfúndate nun suadoiro de Tokio, e que empece a jarana! Xa podes seguir cantando. 😉

Un par de personas de pie

Descripción generada automáticamente con confianza baja

H&M e Sex Education

Síntete un máis de Moordale High coas súper chaquetas de varsity, ou o chándal dos Moordale Dolphins. Sen dúbida os nosos must have son a camiseta de Eric, divina, ou o suadoiro de  Mae, rompedora.

Lembra que o que non teña stock podes pedilo con recollida gratis en tenda.

Primark e a colección 90’ Nickelodeon

Rebobinemos aos 90, lembras a Can e Gato, a Ren e Stimpy? Polo menos tes que lembrar aos entrañables Rugrats e as súas aventuras en cueiros!

Dáte unha auguiña de infancia en Primark coa súa colección especial Nickelodeon anos 90.

Friking Marineda e El niño ciervo

Mei e Totoro ou Gus e Tommy? Atopamos a combinación perfecta, esta cami de Friking debería estar colgada no salón. Non che parece per- fec- ta?

Hai moitas máis de onde saíu esta.

Imagen que contiene ropa, camiseta

Descripción generada automáticamente

Lefties e Friends

Agora é cando poñemos a proba o nivel de fan que tes dentro. Team Rachel…  xa sabemos, NECESITAS esta camiseta. E tamén sabemos que non se estaban tomando un descanso, pero iso mellor deixámolo para outro día. De nada! 😉

Estamos desexando vervos presumindo de modelito, lembra que as nosas tendas de moda e accesorios contan con coleccións especiais. E son todas tan chulas que non poderás dar media volta!