Preparadxs ou non, o outono xa está aquí e toca irse despedindo das longas tardes de praia e os atardeceres mirando ao mar. Pero a volta á rutina tamén ten as súas cousas boas: bótalle unha ollada aos nosos sete imprescindibles para afrontar ben a reentré.
- Descubrir novas emocións. Sempre quixeches practicar deporte pero non che convencen as disciplinas convencionais? Estás de sorte porque moi pronto abrirá as súas portas Ongravity, un novo espazo de lecer para toda a familia onde poderás practicar skate, parkour, BMX… E xa sabes que ademais podes gozar das mellores estreas en CINESA, pasar unha tarde en familia en Estrella Park Experience ou probar a túa pericia ao volante en Karting Marineda.
- Atopar os mellores looks para a ofi. Empápate das novas tendencias para volver ao traballo con moito estilo: faite cunhas botas de cowboy ou un gorro vaqueiro para darlle rolo ao teu outfit. E é que a inspiración western será a triunfadora este outono. Palabriña de Vogue.
- Poñerse en forma (esta vez si que si!). Que si, que o sabemos, cantas veces dixeches: deste ano non pasa! Pois pasa do dito ao feito e comeza a coidarte en Rock Gym.
- Estrear salón. Uns coxíns alí, uns andeis alá. Bota man dos complementos para darlle unha volta á decoración da túa casa sen romper demasiado a cabeza (nin queimar a tarxeta de crédito). En IKEA A Coruña, Leroy Merlin, A Loja do Gato Preto, Maisons du Monde, Tiger, Primark e o Outlet do Corte Inglés atoparás a inspiración que necesitas.
- Non te esquezas de coidarte. Por último – pero non menos importante- reserva unha tarde para esquecerte da tensión e coidar corpo e mente. Pide unha masaxe en Yves Rocher, atopa os mellores produtos para un baño relaxante en Rituals, estrea unha manicura perfecta en Nails Factory ou cellas de escándalo en Busy ou loce unha barba de anuncio en Barberías Dom.
- Ponte ao día coas novidades editoriais. En setembro as librerías énchense de novidades: visita Santos Ochoa e atopa esa novela que fará as tardes de outono pasen voando.
- Aprende algo novo. Se non soportas o aburrimento e encántache aprender cousas novas, permanece moi atento ás nosas redes sociais porque moi pronto vos contaremos todas as novidades de Marineda Studio, un novo concepto de escola con talleres para todxs.