Check list para a volta ao cole

Si, sabémolo: aínda quedan días de verán e queremos gozalos a lume de biqueira. Pero de aquí a un pouco toca volver cargar as mochilas e, como non queremos que a volta ao cole vos pille desprevidos, aquí vai un check list con todo o necesario para a rentrée.

  • Material escolar. Cartafoles, cadernos, lapiceros, mochilas: faite co material escolar imprescindible na librería Santos Ochoa, Hipercor ou Tiger. E non te esquezas de reservar os teus libros de texto!
  • Roupa para os estirones. Resulta que os pantalóns da pasada tempada quedan por encima do nocello e os xerseis abrigadiños están cheos de bolos. Que non renda o pánico: en Marineda City atoparás as tendas máis molonas para renovar o seu armario: ÏDKids, Mayoral, Gocco, Décimas, Sprinter, Decathlon, H&M, Primark, Lefties, Sfera… Pega unha volta polo corredor infantil e a zona de moda e deportes!
  • Pés cómodos e calentitos. Un bo calzado é fundamental para empezar o cole con bo pé. Déixate asesorar polos profesionais das nosas zapaterías e establecementos de deporte e atopa os zapatos e deportivas máis adecuados para xs peques.
  • Unha tarde de xogos. Despide o verán ao grande cunha tarde de diversión: uns birlos en Estrella Park, unhas carreiras no karting, unha peli en familia… e para rematar a xogada, goza dun xeado ou un doce na zona picnic de La Plaza.
  • E eu con estes pelos! Por moito que nos namoren eses rizos rebeldes e esas melenas douradas polo sol, o final do verán sempre é un bo momento para sanear os cabelos e estrear novo look. Se cortarlle o pelo axs nenxs está no teu check list para a volta ao cole, toma nota: moi pronto abrirá na planta 0 o salón de peiteado infantil Fashion Kids.

Xa sabes: en Marineda City tes todo o necesario para equipar aos máis pequeñxs da casa e, de paso, regalarche algún capricho 😉 Esperámosche!