Dez pelis para dez primaveras

Parece que foi onte cando abrimos as nosas portas por primeira vez. Pero xa pasaron dez anos nos que, entre moitas outras cousas, compartimos inesquecibles veladas de cinema. Anímaste a lembrar connosco as estreas máis míticas do últimos dez anos?

Intocable

Divertida e entrañable, o filme francés Intocable foi un dos grandes triunfadores de 2011, o mesmo ano no que abrimos as nosas portas. A película retrata a amizade entre un aristócrata millonario que queda parapléxico por mor dun accidente e Driss, un mozo marxinal ao que contrata como coidador.

Os xogos da fame

Se algo lle debemos ao 2012 é a versión cinematográfica da heroína millennial por excelencia:  Katniss  Everdeen. A primeira entrega de Os xogos da fame, baseada na novela da escritora estadounidense  Suzanne Collins, converteuse nun dos filmes con máis recadación do ano, só por detrás de Os  vengadores e O cabaleiro escuro: a lenda renace

Gravity

Gañadora de sete Óscar, o director mexicano Alfonso Cuarón cegou en 2013 a miles de espectadores con este filme no que Sandra  Bullock e George  Clooney vagan completamente sos na inmensidade do espazo despois de que unha choiva de lixo espacial esnaquice a súa nave.

Oito apelidos vascos

Esta comedia de enredo na que Rafa, un señorito andaluz interpretado por Dani Rovira faise pasar por vasco para conquistar Amaia (Clara Lago) arrincou gargalladas ao longo e ancho de toda a xeografía do país no 2014. Tanto, que se converteu na película española con máis redación da historia.

Star Wars: o espertar da forza

A sétima entrega da mítica saga – da cal puidemos ver unha completa exposición en 2018 en  Marineda City – tróuxonos de novo a Han Solo, a princesa Leia e ao noso  queridísimo  Chewbacca nunha nova batalla entre a República e o Imperio do Mal.

La La Land

E o Óscar é para… La La Land!  Ups… O erro de  Warren  Beatty ao anunciar a mellor película foi un dos momentos máis comentados da gala. Aínda que o musical de  Damien  Chazelle, estreado en 2016, non logrou a ansiada figura, deixou na nosa retina imaxes inesquecibles como máxico baile no planetario.

A bela e a besta

Emma Watson encarnou en 2017 a Bela nesta adaptación en imaxe real do clásico de Disney que se converteu na décima película con máis recadación da historia do cinema.

Naceu unha estrela

Bradley Cooper e Lady Gaga protagonizan este  remake no que unha moza cantante namórase dunha estrela consagrada en loita contra as súas adiccións. A química entre os protagonistas e a emocionante interpretación do tema principal da banda sonora – gañador do Óscar a mellor canción– fixeron deste filme uno dos máis destacados do 2018.

Joker

Un Joaquin Phoenix en estado de graza ponse na pel do  Joker nesta película que aborda temas como a saúde mental e ofrécenos unha visión moi diferente do  inimigo de Batman. Encomiada por crítica e público – e non exenta de polémica– foi unha das películas máis comentadas de 2019.

As nenas

A gran triunfadora dos Goya no ano 2020 trasládanos á España dos anos 90 a través da mirada de Celia, unha nena de 11 anos que estuda nun colexio de monxas en Zaragoza e introdúcese na adolescencia da man da súa nova compañeira Brisa.