Estrella Park Experience: birlos, realidade virtual, escapismo e diversión asegurada

Sabemos que o estabas desexando e por fin chegou: Estrella Park Experience xa abriu as súas portas en Marineda City! Un punto de encontro, de máis de 1.800 m², con diversión asegurada para gozar entre amigos, familia ou con compañeiros de traballo.

Tanto se o teu é a boleira coma se non fas un  strike nin de casualidade espéranche 12 pistas de  bowling espectaculares, cunha pantalla LED de 44 m². A máis grande instalada en boleiras en España! E por se iso fose pouco, catro das pistas son Spark Bowling, un innovador sistema de puntuación e iluminación de última tecnoloxía que fará das túas partidas unha experiencia inesquecible.

Estrella Park Experience tamén conta cun espazo de 25 m² dedicado a xogos de realidade virtual de Hologate, que poderás utilizar en grupos de ata 4 xogadores para vivir as aventuras máis emocionantes; unha zona de recreativos, entre os que destacan instalacións de Halo,  Space invanders,  Super Bike ou  Nitro Truck, e unha área de snack bar, cunha variada oferta para recargar pilas entre partida e partida.

E en setembro: Escape  Room

Ademais, no mes de setembro Estrella Park Experiencie completará a súa oferta cun espazo de Escape Room con 5 das salas da franquía estadounidense Escapology. Un tiroteo no deserto de  Arizona, un submarino no profundo océano Atlántico en plena II Guerra Mundial ou unha reunión familiar que termina en asasinato son algúns dos retos aos que enfrontarás, descubrindo pistas e descifrando enigmas para escapar en 60 minutos. Pinta ben, verdade?  Tranquilx, porque informaremos a través das nosas redes sociais en canto o Escape Room estea operativo.

Así que non o penses máis e ven xa! Estrella Park Experience atópase na planta 2 e abre de domingo a xoves, de 12 a 00 h, e venres e sábado, de 12 a 01 h. A diversión espera por ti!