Agora que ven o bo tempo, e despois do ano que levamos, se hai algo que apetece (e moito) é gozar de plans ao aire libre xa sexa cos amigos, coa familia ou con un mesmx. 😉 Por iso, este verán Marineda City propúxose fusionar o mellor do mundo urbano en La Plaza. Tu zona de picnic & Cultura Urbana.
Un espazo deseñado con dous obxectivos: que te relaxes despois dun día de compras estivais e animarte a que poñas a proba as túas capacidades artísticas e deportivas cunha ampla variedade de actividades que, sen dúbida, poñerante ao día das últimas tendencias urbanas.
Creamos unha zona de descanso con xardín, sofás, mesas de picnic… e outra con ramplas de skate, entre outras cousas, para que cho pases en grande! 🤗
Todxs merecémonos un descanso
Imaxínaste gozar os pratos dos teus restaurantes favoritos nun espazo pensado para que descanses e te evadas? La Plaza é o sitio!
Se queres aproveitar esta experiencia ao completo e che apetece algo fresquiño ou che entra unha fame voraz, telo moi sinxelo. Faite cos teus favoritos nos nosos locais de restauración, pide o teu menú para levar e degústao na zona picnic de La Plaza. Nesta ligazón podes consultar todos os establecementos que ofrecen servizo take away.
Pon a proba o teu talento na zona urbana
Se xa recargaches as pilas coa túa comida favorita na zona de picnic, agora é o momento de aproveitar toda esa enerxía e envorcala nas actividades artísticas, deportivas e musicais que che propoñemos no espazo destinado á cultura urbana.
Aínda non te convencemos? Todas elas serán gratuítas, de martes a sábado poderás elixir entre os talleres organizados polos nosos amigos de Vella Escola cultura urbana que máis che molen, así que non tes escusa. Iso si, como queremos que a túa visita sexa segura, as actividades terán un aforo limitado, polo que se estás interesado terás que inscribirte previamente no punto de información do centro, a través do número 881 888 888 ou ben enviando un correo electrónico a [email protected]. A inscrición estará aberta ata dúas horas antes de que empecen as clases ou os talleres.
Para pasalo aínda mellor tes que convencer tamén á túa familia e amigos. Anímaos a que veñan bailar e convertídevos na alma da festa, superar obstáculos no Parkour Park, facer piruetas no Skate Park e a atrevervos con disciplinas tan urbanas e cañeiras como o freestyle, o graffity, o break e o beatbox. Gustaranvos tanto que non faredes máis que repetir. 😋
Para que poidas organizarte, contámosche brevemente datos útiles para que poidas gozar da zona ao 100%:
• Escola de parkour: Os martes, xoves e sábado de 10 a 13:45 horas poderás iniciarte nesta disciplina. As esixencias da contorna fan que mellores as túas capacidades motrices. Es ti quen decide como enfocalo e ata onde involucrarte, atréveste?
• Talleres de cultura urbana: Os venres e sábados de xullo de 18 a 20 horas tes unha cita nos nosos talleres. Dá o paso e demostra o teu talento graffiterx, beatboxer, break dancer… o que queiras ser! 😉
Todo o aprendido poderás poñelo en práctica de luns a domingo no horario comercial (de 10 a 22 horas), salvo que haxa algunha actividade programada. Ademais, podes consultar os horarios dos talleres na axenda da nosa web.
Non hai que ir moi lonxe para gozar dun bo plan. En Marineda poñémoscho moi sinxelo, só tes que deixarte levar. Véste? 😊