A túa experiencia #APRAZA: a tope e ben equipado

A Praza. A túa zona de picnic & Cultura Urbana é unha oportunidade de ouro para expandir os teus horizontes, sacudir a preguiza e saír da zona de confort con actividades tan tolas como o skate, o parkour ou o break dance. E non nos pode facer máis ilusión que te atrevas a probalo! 😊 Unha proposta moi apetecible para que este verán poidas facer plans diferentes e pasalo en grande.

E se xa es experto skater, traceur ou beatboxer pasaralo fenomenal mentres perfeccionas a técnica dalgunha das disciplinas dispoñibles da man dos instrutores de Vella Escola. Atréveste a probar algún dos talleres que programamos para que lle saques o máximo partido Á Praza?

Equipamento dez

Como en calquera deporte, hai roupa, calzado e accesorios deseñados para alcanzar un mellor rendemento durante a súa práctica; non sabes que poñer ou non tes o equipamento necesario? Non te preocupes!

En Marineda City queremos que goces ao máximo da túa visita, polo que che propoñemos unha solución sinxela: os nosos operadores teñen o material que necesitas, así que o único que tes que facer é achegarte ao centro e asesoraranche para que poidas ter todo o que precises.

Se o teu é o skate, en Fimsbury teñen unha gran variedade de táboas que se adaptarán ás túas necesidades e nivel, para que nada che pare nesta nova aventura. Sexas principiante, habitual ou pro, atoparás a túa táboa ideal aquí. Ademais, se o que queres é experimentar sensacións máis parecidas ás do surf, tamén dispoñen de táboas de surfskate, cruisers e longboards. Soa ben, verdade?

Se tes dúbidas sobre cal é o calzado idóneo para subir á táboa, Diego Vázquez, encargado da tenda Fimsbury de Marineda City, coméntanos que contan con: “zapatillas pro skate de Vans e Converse, con alta durabilidade e resistencia”. Estamos convencidxs de que con estas propostas terás o pack perfecto para dalo todo na rampla. Tamén en Decathlon atoparás os complementos que estás a buscar e asesoraranche encantadxs de cal é o mellor equipamento acorde ás túas necesidades: táboas de skate para todos os tamaños e a partir de 3 anos (as de adulto, ademais, pódelas elixir por pezas para personalizar completamente a táboa ao teu gusto); diferentes calzados segundo o agarre e a resistencia; complementos imprescindibles como packs de proteccións e cascos tanto para maiores como peques con diversos graos de ventilación, confort e zonas de protección. Ademais, contan cun taller exclusivo para as súas marcas, tanto para reparación como para montaxe. Que máis queres? 😅

E se o que buscas é a mellor moda deportiva, non esquezas de facer unha visita a Zero Avenue: retámosche a que elixas só unha cousa! Nestas e no resto das nosas tendas de deporte e moda: Décimas, Sprinter, Footlocker, Deportienda ou Futbol Emotion atoparás todo o que necesitas para que as túas visitas Á Praza sexan perfectas.

Talleres, espazos e bo rollismo 🤙

Algo que mola, e moito, é empezar a rodar coa táboa de skate e ir practicando para conseguir axilidade e así marcarte uns tricks moi molóns. No Skate Park que instalamos poderás facelo, pero na zona urban da praza tamén tes á túa disposición un espectacular parkour park e unha pista de baile; todos eles espazos de uso libre (dentro do horario comercial), nos que, ademais, organizamos talleres para que te inicies ou progreses na disciplina que máis che apeteza, desde peques a maiores! Desta forma, logo poderás lucirte e demostrar todo o aprendido. Xa che convencemos? 😍

A regra número un da zona urbana de #APRAZA é que, entre outras cousas, todo vaia como unha seda. Tes o espazo, monitores moi top, talleres gratuítos!, e agora tamén o material e os complementos máis guapos… Non che queda ningunha escusa para pasar e demostrarnos as túas habilidades en A Praza. A túa zona de picnic & Cultura Urbana. Temos unhas ganas tolas de ver eses ollies despois dunha tarde de adestramento!

Descobre todo o que temos preparado para ti este verán e non te esquezas de etiquetarnos! 😉