Cada vez somos máis conscientes da importancia da sustentabilidade e da necesidade de reducir o impacto que a nosa sociedade deixa sobre o planeta para que outras xeracións poidan vivir na Terra.
Na última década vimos como se popularizaban accións como o movemento slow life, who made your clothes, o zero waste, e popularizábanse frases como “non temos planeta B”; a este impulso polo cambio sumouse o sector téxtil.
Ademais das moitas firmas que naceron da idea dunha cadea de produción sostible, moitas das túas marcas favoritas veñen lanzando coleccións máis respectuosas coa contorna nun intento por camiñar cara á sustentabilidade.
Reduce, reutiliza, recicla ♻
Duns anos para aquí, as túas tendas preferidas armáronse de caixóns nos que che piden que traias a roupa que xa non te pos. Mesmo algunhas che ofrecen tentadoras compensacións económicas como descontos en novas pezas. Nunca te preguntaches onde vai parar esta roupa? Nunha porcentaxe moi alta dos casos, utilízase para confeccionar novos modelos. De verdade, prometémoscho.
Iniciativas como Loop de H&M, sérvese da economía circular para producir a súa liña Conscious. Este sistema aproveita o tecido desas pezas que deixaches na tenda e crea cada tempada esas novidades que che fan olliños desde os colgadoiros. Loop, ademais de darlle unha nova vida á roupa que xa non queremos, non necesita auga nin produtos químicos. Bo traballo, H&M!
Outras marcas que exploran unha produción sostible, baseada no aproveitamento de fibras téxtiles, son Women’s Secret coa súa colección Honest, Calzedonia e Intimissimi, o grupo Inditex coas súas pezas Join Life e El Corte Inglés, que vén de sacar ao mercado a primeira colección de roupa de baño con plástico reciclado, da súa firma Énfase.
Augua non, grazas 💧
Mango ten grandes plans para 2025 pois propúxose que o 100% do algodón que utiliza para as súas pezas sexa orgánico, ademais de conseguir que o 50% dos seus materiais sexan reciclados. A marca vén de lanzar tamén unha colección de vaqueiros sostible, na súa produción aforra 30 mil litros de auga.
Tamén segue esta senda Levi’s cos seus denim waterless e en Springfield podes atopar toda a liña denim RECOnsider que, grazas á oxidación por ozono e o desgaste con láser, consegue reducir o uso de auga no proceso de produción.
Axuda á conservación do planeta🌍
Pero fóra das economías circulares e as materias primas sostibles, tamén existen proxectos que doutra forma contribúen a preservar o noso hábitat. Moitas das marcas que podes conseguir en Marineda traballan man a man con asociacións para conseguir un mundo máis respectuoso.
Este é o caso de Tezenis, que a través do programa “Pollinate Europa” da tecnolóxica 3Bee quere contribuír a preservar 60.000 abellas. Elas son responsables do 80% da nosa cadea alimentaria. Sabíalo? 😉
Tamén Primark, a través do seu programa Primark cares, traballa a favor de diferentes causas que buscan mitigar o impacto do ser humano sobre a Terra. Eles xa eran pioneiros na utilización de bolsas de papel, e fai uns aniños que colaboran coa asociación Newlife doando a roupa que non se vendeu a nenos de todo o mundo. Deste xeito conseguen reducir a cantidade de roupa que se converte en desfeito. Este ano volvémonos tolos cos pixamas suaviños de plástico reciclado de Primark, corremos a levar bolsas de roupa vella a H&M para conseguir eses 5€ de desconto, ou a Intimissimi a por eses 10€ por cada 5 pezas, quizais algúns fomos aínda un paso máis aló e fixémonos con algunha prenda de Ecoalf no Corte Inglés. En calquera caso, grazas por achegar o teu gran de area e facer que poidamos deixar un planeta digno das xeracións que veñen detrás! ☺