Hai tantos tipos de nai coma nais no mundo, porque cada unha delas brilla con luz propia. Son amigas, confidentes, mestras. Son esas persoas que están aí si ou si, veñan as circunstancias como veñan.
As nais guíannos do berce á vida adulta, e ó mellor nin nos trouxeron a este mundo, xa sabes de que persoas che falamos, non si? Esa persoa merece o agasallo máis especial.
Oito ideas de agasallo que tivemos este ano
Os perfumes e modelos de primavera están ben, pero son especiais abondo? Nós pensamos nestas oito opción. Xa nos contarás se acertamos! 😉
- Un smartwatch, ou unha tableta, en El Corte Inglés ou Media Markt
- Bolsos, accesorios e zapatos, que os hai moi chulos en Paco Martínez, Parfois e Deichmann (sacaron unha colección de bolsos de rafia divinos)
- Un día sen estrés no Karting Marineda, ou incluso un curso de condución, hai tres niveis!
- Aposta segura: un pack de libros de Santos Ochoa, cóntalles os seus gustos e asesoraránte nos máis lidos.
- Unha tarxeta do cine para Cinesa Marineda: podes regalarlle unha tarxeta Cinesa Fans con 5 entradas ou Cinesa Fan Dúo para que vaia con quen queira de luns a domingo (non acapares!)
- As nosas tendas de xoiaría contan con coleccións especiais para o día da nai. Bota unha ollada en Tous, Slow Republic, Time Road ou Pandora
- Gústalle o deporte? Pois unha equipación deportiva (pádel, sendeirismo, pilates…) nas nosas tendas de deporte
- Estírate, convídaa a comer ou cear nun dos nosos restaurantes
Unha axudiña para celebrar a esa persoa única
Só hoxe, 26 de abril, se te pasas polo noso perfil de Instagram podes gañar unha tarxeta de regalo de 50€ para gastar no centro. A mecánica é moi sinxela: nas historias atoparás un vídeo cos tipos de nais que existen, párao co dedo e captura o tipo de nai que che saiu, súbea ás túas historias e etiquétanos (se o teu perfil é privado, envíanos tamén a historia por mensaxe directa para que a poidamos rexistrar). Podes participar ata mañá ás 12:00 horas! 😉 Anunciaremos os gañadores nas nosas historias, estas son as bases legais do sorteo.