Hai dous tipos de persoas: os que cren que as vacacións son para descansar e os que ven a oportunidade de facer todo o que non puideron facer antes. Ti de cal es?
A continuación contámosche algunhas ideas para aproveitar ao máximo esta semana Santa e como facerte co equipo concreto para cada aventura, saias ou non do sofá. E le ata o final, porque temos unha sorpresa que che vai a encantar 😉
Sendeirismo, porque será por bosques!
Fragas do Eume, os pasadizos do río Mao, o bosque de sequoias de Poio, os roteiros da Serra do Courel… escolle provincia, porque as opcións son infinitas!
Podes facerte cun kit completo de montaña en Sprinter, Decathlon ou O Corte Inglés. O máis importante é ter un calzado cómodo, transpirable e impermeable, uns pantalóns que aguanten trote se vas facer un roteiro máis esixente e roupa de abrigo. Na montaña é importante ir como unha cebola, para que o clima non che chafe o paseo!
Todo isto tamén aplica aos roteiros pola costa, coñeces o Camiño dous faros?
Da cama ao sofá e do sofá á cama
Deberías virte a Cinesa, que desde o 26 de marzo abre todos os días, pero se che gaña a preguiza podes facer maratón da túa serie ou peli favorita. Un must have para esta gran aventura polos corredores da túa casa son as zapatillas, o pixama quentiño de Primark e unha manta xigante do Ikea, por exemplo.
A versión pro require unha Smart TV, por suposto do Media Markt ou a a MI Store, e un Google Nest.
E se es máis de libro que de peli, chegou a hora de poñerte ao día coa túa lista de lecturas pendentes. Seguro que en Santos Ochoa estarán encantados de asesorarte e poderás vivir aventuras mil sen sacar un pé do sofá.
Terraceo, terraceo
Tes lentes de sol? Podes pasarte por Soloptical, Opticalia Castro ou Multiópticas e aconsellarante sobre os modelos tendencia este verán. E por suposto, o outfit primaveral que non falte. As cores desta primavera son o nude, os lilas e amarelo, e que non falte o estampado Vichy! Faite con algo fresquiño nos nosos establecementos de moda.
Ademais, sabes que xa se instalou a Custom Box na Praza Exterior? Podes repoñer forzas despois da túa shopping spree, e por que non, estrear lentes! 😎
Manualidades para un domingo de Pascua moi persoal
Os nosos amigos de Tiger contan cunha infinidade de opcións para pasar a semana preparando o domingo de Pascua. E no seu perfil de Instagram podes atopar un destacado no que che propoñen unha manualidade para cada día da semana.
Imprescindible pintar os ovos de Pascua para escondelos pola casa e preparar unha procura do tesouro. E plus polas decoracións de coelliños, que son unha auténtica cucada.🥰
Praia?🤔 Praia!🤩
Si, praia! Todas as nosas tendas de moda e accesorios están a sacar os primeiros modeliños de roupa de baño. Non podes deixar escapar a oportunidade de activar a melanina, repoñer a vitamina D e coller moreniño. Pero, por favor, non esquezas pasarte por Farmacia Castro e equiparte cun bo protector solar.
Sorteamos 5 tarxetas de 250 euros para os teus plans!
Sexa cal for o plan que teñas, botámosche un cable! E é que sorteamos nada menos que 5 tarxetas regalo de 250 eurazos cada unha para as túas compras en Marineda 😊. Participar é moooi fácil: só tes que compartir nos teus stories o post onde anunciamos o sorteo (búscao no noso Instagram: @marinedacity) e mencionarnos para que podamos velo. Iso si, dáte présa, porque só tes entre o 30 e o 31 de marzo para participar.