Volven os plans de lecer a Marineda

A hostalería, o karting, o cinema, a pista de xeo… Aos poucos volvemos á ansiada normalidade cos nosos establecementos de lecer e restauración en marcha de novo, que se suman ás tendas do centro. Que ganas tiñamos! Toma nota e prepara o teu plan en Marineda. 😉

Tras unha espera que se nos fixo interminable, por fin retomáronse as actividades de lecer de Marineda, un dos nosos acenos de identidade. E é que tanto o Karting como a pista de xeo da praza exterior xa abriron as súas portas para os afeccionados á velocidade e a patinaxe. Así, as pistas do karting están operativas de luns a venres de 15 a 21 h e as fins de semana, de 12 a 21 h. Ainda que en Semana Santa, desde o 27 de marzo ao 5 de abril, abre en horario continuado, de 11 a 21h. Tamén Invernalia abre polas tardes durante semana e en horario continuo os sábados, domingos e festivos.

A estas dúas opcións de lecer súmaselle a pantalla grande, xa que Cinesa ten previsto a reapertura das súas salas para partir do venres 26 de marzo.

Para que goces aínda máis dos teus momentos de lecer en Marineda, os nosos locais de hostalería abren ata as 21 h e moitos deles ofrecen tamén servizo de take away e delivery. Ademais, ata o 5 de abril tes a promoción Eat, Win & Repeat!, e é que por cada ticket de 10 euros ou máis dos nosos locais de hostalería que presentes no punto de información, entregarémosche un rasca co que se poderás conseguir vales de 5 euros e tarxetas regalo de 50 euros para novos consumos no centro 😊.

E para facer aínda máis cómodas as túas compras, puxemos en marcha Mobile Shopping, un novo servizo de venda personalizada por teléfono e WhatsApp. Desde a túa propia casa poderás recibir asesoramento personalizado, reservar produtos, concertar citas, consultar información sobre tallas e dispoñibilidade de artigos, reservar os seus produtos favoritos na tenda ou realizar pedidos con envío a domicilio. Para iso, só tes que enviar unha mensaxe por WhatsApp ou chamar por teléfono a calquera das tendas que ofrecen este servizo!

Esperámoste!