9 ideas para aproveitar esa hora que gañamos

Este domingo, co cambio de hora de outono, gañamos 60 minutos máis! Ademais de aproveitar para descansar, quizá non saibas que facer con tanto tempo e aquí deixámosche unhas ideas para sacarlle o maior partido posible. 😊

  • Goza dos nosos venres musicais en liña

Recomendámosche que teñas unha antena posta na nosa canle de Instagram, @marinedacity, porque cada venres compartiremos un temazo dun artista local. Con Living Music tentamos achegar o noso gran de area para fomentar a cultura nesta situación tan complicada.

Contamos con Pardo, Astrogirl e Lora! Xa podes ver algúns no noso IGTV.

  • Prepárate para Samaín

Tes mil opcións e sábelo. Tiger, Party Fiesta, Claire’s… non falta nada para a noite máis terrorífica do ano e ti sen organizala. Agora tes unha hora de agasallo!

E se non podes esperar á noite do 31, pásate pola nosa Casa Encantada, goza dun intre espantosamente divertido facéndote unha foto no punto selfie e súbea con mención a @marinedacity para que poidamos compartila.

  • Volve a ver a túa peli favorita nos ciclos de cine de Cinesa.

Volve ver a túa peli favorita no cinema por 4,90€. Sabes que na casa non é o mesmo, esa peli merece a experiencia completa da sala de cinema, e agora tes a oportunidade!

Consulta os ciclos de cinema dispoñibles en Cinesa Marineda na web. Súper-martes Marvel, terror e infantil, cal é o teu?

  • Gaña tarxetas regalo das túas tendas favoritas con Cash Back!

Troca os teus tickets de compra por tarxetas regalo das túas tendas favoritas. Así de sinxelo: as túas compras teñen premio directo! Recompila tickets por importe igual ou superior a 100€, achégate ao momento de información e faite co teu rasca e gaña para mercar nas tendas do centro.

Infórmate de todos os detalles aquí.

  • Come o prato do día en Ikea a 2,95€

En Ikea o prato do día vale só 2,95€ e non temos nin que contarche que todo está que morres de rico. Déixate caer polo restaurante da planta 1 e xa nos contarás.

  • Bota unha ollada ao novo stand de Aristocrazy en El Corte Inglés

Hai pouco contabámosche que Aristocrazy chegara a Marineda, aínda non te pasaches por alí a botar un ollo? Os deseños desta marca conxugan a tradición coa rebeldía, e o resultado é incrible. Para ti ou para regalar, paga a pena o paseo.

  • Apúntate a Rockgym: regálanche a matrícula e un mes

Falando de cousas produtivas que facer nestes sesenta minutos de graza, apúntate ao gym. Que ademais agora en Rockgym Marineda regálanche a matrícula e o mes de decembro se te comprometes a tres meses. Esta promo está vixente ata o 15 de decembro.

  • Peca co teu doce favorito

Sexas de tortitas do Ikea, de biscoito con fariña de espelta de Lola Organic, dos donuts de  Loops & Cofee ou dos gofres de Gofre&Rolls, cae na tentación!

  • Faite coa camiseta do 25 aniversario

O segundo equipamento do Dépor este ano é unha homenaxe á vitoria da copa do rei no 95. Xa a tes na Deportienda do Marineda!

Esperamos que goces da túa hora de agasallo con estes plans en Marineda. Esperámoste cos brazos abertos e moita luz para cando anoiteza 😊