As túas compras teñen premio con Cash Back

Agora as túas compras teñen premio! Con Cash Back, do 19 de outubro ao 14 de novembro, se acumulas 100€ ou máis en compras en establecementos de Marineda City gañarás tarxetas de agasallo das túas tendas favoritas do centro. Corre que voan!

Premio seguro

Regalamos máis de 20.000€ en premios directos. Repartiremos tarxetas regalo de 10 e 25€ dos nosos establecementos ata esgotar existencias.

Unha vez fagas as túas compras, diríxete ao punto de información. Para conseguir a túa tarxeta regalo tes que entregar tantos tickets como queiras, pero deben sumar un total de 100€ ou máis.

As compras deben realizarse durante a vixencia da promoción, do 19 de outubro ás 10:00 ao 14 de novembro ás 22:00.

Alí darémosche un rasca e gaña, descubrirás en que tenda de Marineda podes gastarte o teu premio. Xa poderás ir co teu vale a darte un capricho extra!

Todas as tendas

Admítense dentro da promoción as compras realizadas en todos os establecementos do centro, e deberás trocar o teu vale ou tarxeta regalo en tendas de Marineda City.

Fai esas compras que non deixas de aprazar: moda, deporte, fogar… E xa que estás en  Marineda, come un menú no teu restaurante favorito. Culmina cunha tarde de cinema, karting ou boleira. Non te esquezas de gardar todos os tickets e ve a por o teu agasallo directo!

Contamos cunha gran selección de locais de beleza, deporte, fogar, xoguetes, libros, moda e accesorios…

Todas esas compras que estiveches pospoñendo agora teñen premio. Apresúrate! As tarxetas son limitadas, non te quedes sen a túa.

Consulta as bases legais e toda a información sobre esta promoción.