Pomodoro súmase á oferta de restauración de Marineda City

Estrella, Javier, Analis, Lizgreis, Vicente, Michelle e Juan conforman o equipo deste negocio familiar que ofrece comida italiana con toques tex mex a prezos asequibles

A oferta de restauración de Marineda City continúa crecendo coa incorporación de Pomodoro, que acaba de abrir o seu primeiro restaurante en Galicia e que fará as delicias dos amantes da comida italiana e tex mex. E é que en Pomodoro poderedes atopar desde pasta ata burritos, todo elaborado con materia prima de primeira calidade e un prezo único para todos os pratos da carta: 3,90€, excepto as propostas gourmet.

Ademais dunha completa carta con ensaladas, antipasti, pastas, burritos, pizzas e burgers, en Pomodoro, situado na planta 2 de Marineda City, dispoñen de especialidades sen gluten e de diferentes propostas de menús, así como de sobremesas típicas de Italia, como tiramisú napolitano ou panacota.

Cóntanos Juan Caparrós, encargado do local, que o restaurante ha ter gran aceptación nos seus primeiros días en Marineda City: “a resposta por parte da xente foi moi boa, os clientes estaban sorprendidos pola relación calidade prezo. De luns a venres temos menú pasta por 5€ que inclúe un prato de pasta, dous pans de allo e unha bebida, que tamén gustou moito”.

Con esta nova apertura, seguimos apostando por traer á cidade unha oferta variada e diferente con marcas exclusivas como Taco Bell, KFC, Rodilla ou Waffle Bubble e agora Pomodoro, que só poderás degustar aquí 😉