iRefurb, especialistas en reparación de móbiles e tablets

A semana pasada démoslle a bienvenida a un novo establecemento en Marineda City: trátase de iRefurf, unha marca especializada en reparación de smartphones e tablets. En iRefurb, situado na planta 0 de Marineda City, poderás reparar o teu terminal mollado, arranxar fallos no sistema operativo ou liberar o teu smartphone.

Tamén son especialistas en cambios de pantalla de teléfonos móbiles e dispón de recambios orixinais e de alta calidade, ferramentas de última xeración e ofrece un asesoramiento técnico fiable e competente.

Ademais, dispoñen de todo tipo de accesorios para o teu teléfono, como fundas e carcasas, cargadores, baterías, tarxetas de memoria, protectores de pantalla, auriculares, punteiros, sistemas de mans libres…

Esta apertura súmase ás as recentes incorporacións de Merkal Calzados, Taco Bell, Gas Natural, Havaianas, Yves Rocher e Gofre&Rolls.