Oíches falar dos freakshakes? Ou dos Ice Cream Rolls? Son algunhas das tendencias gastronómicas que podes probar en Gofre & Rolls, que acaba de sumarse á nosa oferta de restauración na planta 2.
Os freakshakes, tamén coñecidos como batidos extremos, son unha combinación entre bebida e sobremesa que naceu nunha panadería australiana. Aos poucos, a súa popularidade foise estendendo por todo o mundo. O segredo? Engadir a batidos, frappés e smoothies todo tipo de doces e toppings como pop tarts de chocolate, gofres, donuts… Atréveste a probalos?
En Gofre & Rolls tamén podes descubrir os Ice Cream Rolls, unha delicia chegada dos mercados tailandeses. Para elaborar este apetecible sobremesa, vértese xeado líquido mesturado con galleta sobre unha prancha a unha temperatura extremadamente baixa e dáselle forma de roliño coa axuda dunhas espátulas metálicas.
Gofre & Rolls dispón tamén dunha extensa carta de gofres e crepes doces e salgados, smoothies, tortiñas, bowls de yogur e froitas, así como dun menú do día e menú infantil.