Marineda City estará en Hobycon, a gran cita dos amantes do cómic e os videoxogos

Do 26 ao 29 de xullo, A Coruña convértese no escaparate do cómic e os videoxogos coa celebración de Hobbycon. En Marineda City non quixemos perder este evento que reunirá en Palexco aos amantes do manga, o anime, o cosplay, o K-Pop ou os xogos de mesa: por iso, apoiamos a cita patrocinando o Torneo de Sea Bubble, de estudo de videoxogos Knights of The Strange Table, e sorteando entradas para a exposición da Saga das Galaxias e para os nosos establecementos de lecer.

Zona de gaming, torneos, concursos de cosplay e de baile K-pop, unha charla sobre as mulleres no mundo do cómic ou sobre o mundo editorial para escritores nóveles son algunhas das actividades que ten Hobbycon. Ademais, haberá un stand de MOLAB, unha asociación estudiantil de Comunicación Audiovisual e Enxeñaría Informática que ten como obxectivo formar unha comunidade entre as persoas que desexan dedicarse á industria dos videoxogos, no que os novos creadores poderán ver exemplos de iniciativas levadas a cabo neste ámbito e atoparán información sobre desarrolladores e estudos de videoxogos.

Así, coa nosa participación en Hobbycon 2018 queremos mostrar o noso compromiso coa cultura, a creación e o talento.