Esta cantidade súmase aos 2.303 recadados pola organización durante o concerto de Rosario Flores
A primatóloga Jane Goodall, a escritora e política Clara Campoamor, a pilota de rallies Michele Mouton, a matemática alemá Emmy Noether, a astronauta Valentina Tereshkova, a periodista Anna Politkóvskaya ou autora coruñesa Emilia Pardo Bazán son algunhas das mujeres que nombrastes no noso reto solidario #MdeMuller, no que nos comprometemos a doar 1€ á Asociación Española contra o Cancro por cada tuit ou comentario no que nos contásedes cal é a muller á que máis admirades.
Grazas aos vosos comentarios e tuits e a voso apoyo en forma de likes, shares, retuits e favoritos, esta mañá fixemos entrega a Carlos Lamora, vicepresidente da Xunta Provincial de A Coruña da AECC, un cheque por valor de 2.485€. Esta cantidade súmase aos 2.303€ que recadaron os voluntarios da organización durante o concierto de Rosario Flores.
Esta iniciativa, enmarcada no noso proxecto #MdeMuller, no que que tamén levamos a cabo outras accións como unha merenda saúdable ou un taller de pilates, naceu cun dobre obxectivo: por un lado, colaborar coa encomiable labor da Asociación Española Contra el Cancro e por, outro, dar ás mulleres a visibilidade que merecen en todos os ámbitos da sociedade: a ciencia, o deporte, a política, a cultura, as letras, as artes, a música ou a ciencia.
Fostes moitos os que quixestes sumaros á iniciativa e tamén queremos destacar o apoio recibido desde diversos ámbitos como o deporte, coas adhesións do Real Club Deportivo da Coruña, o Obradoiro CAB ou o CRAT; a ciencia, coas aportacións de científicas e divulgadoras como Deborah García Bello ou Natalia Ruiz Zelmano; ou a cultura galega, desde o que se sumaron as actrices e actores galegos Lucía Regueiro, Isabel Blanco o Monti Castiñeiras. Grazas a todos!