Si, ás veces ponte dos nervios coas súas frases e non soportas que che faga madrugar. Pero, recoñéceo, ninguén che consola como ela e hai días que te ergues coa mamitis subida. Porque nai non hai máis que unha, e sexa como sexa a túa, seguro que en Marineda atopas o agasallo perfecto.
Deportista Runner, alpinista, fan do rugby ou deportivista ata a médula. Sexa cal sexa a paixón da túa nai, na nosa zona de moda e deporte atoparás roupa e complementos para todo tipo de deportes.
Aventureira Quen dixo medo? A túa nai apúntase a un bombardeo e nunca di non a un plan, por tolo que sexa. Faite cunha tarxeta regalo de Karting Marineda. Pasarédeo en grande!
Fashion Victim O seu look é a envexa de todas as túas amigas e sempre está ao tanto das últimas tendencias. Só tes que dar unha volta por nosas máis de 50 tendas de moda e accesorios para atopar o agasallo perfecto para ela.
Cinéfila Cine, cine, máis cine por favor! Se este é o grito de guerra da túa nai, unha tarxeta regalo de CINESA é o que necesitas para sorprendela o 6 de maio. Ou, mellor aínda, invítaa a ver a última estrea e despois, ceíña para rematar unha xornada perfecta.
Moderna Ávida lectora, coleccionista de vinilos, serieadicta, gamer… Se a túa nai é a máis moderna do barrio, na Libraría Santos Ochoa, O Corte Inglés, Game ou Media Markt tes as opcións máis interesantes para acertar seguro.
Familiar O seu mellor plan de domingo é estar en familia. Fai que a comida deste día sexa inesquecible invitándoa a un dos nosos restaurantes. Ademais, moitos establecementos celebrarano con menús especiais, como en Fan Square, ou promocións. Bótalle unha ollada á nosa web para estar ao tanto de todas!
E para que os peques tamén poidan preparar un agasallo para mamá, o 5 de maio temos un taller especial no Club Kids de planta 2.