Desfruta de Eurovisión en pantalla grande!

Non queda nada xa! Se ti tamén estás contando os días para o 12 de maio, isto interésache: grazas a CINESA poderemos gozar da gala de Eurovisión, retransmitida por RTVE, en pantalla grande e coa mellor calidade de imaxe e son. ¡Entradas xa á venda!

Dentro de apenas unhas semanas, poderemos ver como Amaia e Alfred defenden en Lisboa “Tu Canción”, o tema co que representarán a España no Festival de Eurovisión, tras ser elixidos polo público nunha votación na que se enfrontaban con “Lo malo”, defendida por Aitana e Ana Guerra, ou “Arde”, que interpreta Aitana, entre outras.

Será un día moi especial para todos os fans de Operación Triunfo e de Almaia, como cariñosamente coñécese á parella, e por, iso, propoñémosche gozala a tope en pantalla grande e coa mellor calidade de imaxe e son: o 12 de maio, a partir das 21h, CINESA Marineda City emite a gala, retransmitida por RTVE. As entradas, a un prezo moi especial de 5€, inclúen pombiñas grandes e refresco de 75cl, e están a xa á venda.

Un plan perfecto para gozar de Eurovisión entre amigos e animar aos nosos candidatos, na que será unha noite de nervios e ilusión. ¡Desexando velos gañar!