Viste as túas paredes para o outono

O outono é tempo de cambio e renovación. Si queres darlle un aire novo ao teu fogar, en Leroy Merlin Marineda City atoparás moitas solucións para vestir as túas paredes. ¡Toma nota!

Papel pintado O papel pintado é unha opción práctica e decorativa para revestir as túas paredes. Ofrece numerosas posibilidades decorativas e permite recrear diferentes texturas e trasladar os estampados e cores que parecían exclusivos dos complementos textiles ás paredes. Poderás optar entre modelos lisos, de raias, estampados ou de imitación de materiais, que vestirán as túas paredes con fondos de bambú, ladrillo, madeira, pedra… Unha vez elixas o papel máis adecuado para as túas necesidades, só terás que elixir entre os centos de modelos diferentes que atoparás en Leroy Merlin e ¡ao choio!

Vinilos adhesivos Ver a Torre Eiffel sen te mover do teu sofá, darlle un toque divertido á habitación de péquenos ou ter un graffiti na parede do teu salón é posible grazas aos vinilos adhesivos. Tamén podes optar por frases inspiradoras ou render homenaxe aos grandes de Hollywood. Tamén podes optar polo revestimiento adhesivo, que che axudará a crear texturas e ambientes no fogar. É unha solución sinxela e decorativa que non necesita obras e está pensado para todas as estancias da casa, incluídas as que teñen humidade como baños e cociñas.

Murales personalizados Unha foto de familia, unha paisaxe que che trae bos recordos, a portada do teu disco favorito… Leroy Merlin ofréceche a posibilidade de crear un mural personalizado coa instantánea que elixas. Só tes que levar a imaxe digital que queiras á sección de decoración da tenda e realizarán un mural de papel pintado á medida. Tamén tes a opción de elixir entre máis dun centenar de imaxes na súa galería. Só fai falta encolar á parede para gozar dun mural único.