Propostas para un Halloween de medo

Halloween está por chegar e os amantes do terrorífico xa estamos maquinando plans para gozar da noite na que vampiros, pantasmas e mortos viventes campan ás súas anchas. Aquí van algunhas propostas!

  1. Ver unha peli de medo. Este mes de outono a cartelera está chea de propostas aterradoras como It, Anabelle Creation ou O segredo de Marrowbone. Ademais, a noite de Halloween poderás gozar en Cinesa Marineda City dun clásico do cine de terror: O Resplandor. ¡Planazo! E para os máis pequenos, O Pequeno Vampiro, un filme de animación alemán protagonizado polo xoven vampiro Rudolph.
  2. Divertirse cos pequenos. No Club Kids de Marineda City tamén celebramos Halloween cunha programación especial: comezamos o venres 27 cun taller especial de Magosto. O sábado 28 faremos divertidas pantasmas de cartulina e o domingo 29 ¡festa de disfraces! Todas as actividades serán a partir das 17.30 na planta 2.
  3. Preparar unha cea terrorífica. Cabazas, castañas, setas… Prepara unha cea con ingredientes de tempada e goza dos sabores do outono: no supermercado do Corte Inglés atoparás todo o que necesitas para elaborar deliciosas receitas. E que non falten as lambetadas! Pasa por Xiana, Belros ou American & European Market para lle poñer o toque doce á túa velada.  E se queres a túa propia cabaza decorada, non perdas o taller que organiza Leroy Merlin o 1 de novembro na praza exterior.
  4. Organizar unha festa de disfraces. Caracterízate como unha catrina mexicana, de zombi, de Eduardo Manostesoiras… O importante é deixar voar a túa imaxinación e sorprender ao resto de invitados da túa festa. En Marineda City atoparás todo o necesario para que á túa celebración terrorífica non lle falte detalle: decoración (Tiger, Partyfiesta), disfraces e complementos (Primark, H&MZaraWomen Secret, Claire’s,  Centro XogoPoly...), pinturas (Imaginarium, Sephora, Kiko). E si non te dás maña coa maquillaxe, busca un tutorial en YouTube. ¡Non tes escusa!
  5. Xogar a videoxogos de terror. Queda cos teus amigos e goza dos mellores videoxogos terroríficos: revive o terror de venres 13 con Friday the 13th, sobrevive aos zombies en Resident Evil 7 ou volve entrar na densa néboa de Silent Hill.