Paulo Martín, Gisela Kids, Aire retro, Origama, Smek, White Lilly, Nos va de perlas, Catro pececitos, Nicler ou Canada House son algunhas das marcas que pasaron xa pola nosa pop up. E é que se trata dun local cheo de vantaxes no que poderás dar un empuxón á túa marca e mostrarte ante os miles de persoas que visitan diariamente Marineda City.
Aínda non a coñeces? Trátase dun espazo totalmente amueblado, modulable e con todos os servizos no que poderás dar a coñecer o teu produto sen necesidade de investimento.
Alquilable por cómodos periodos de tempo e situado no centro comercial máis grande de Galicia, con máis de 16 millóns de visitantes anuais, nosa pop permitirache chegar a máis persoas para dar á túa firma o pulo que necesita.
Ademais, o noso equipo apoiarate deseñando e implementando unha estratexia de comunicación On-Off line consistente na creación de diversas pezas gráficas para colocación e emisión en diversos soportes físicos de Marineda, publicación de entradas anunciando a chegada da marca á Pop Up no blog, axenda web e canles sociais de Marineda City, así como o envío a medios de comunicación dunha nota de prensa con información relevante acerca do teu negocio e os seus produtos..
Así que si es un artesán, deseñador, pequeno empresario ou tes un novo produto que desexas lanzar ao mercado, este é o lugar que estabas esperando. Tamén é pefecta para presentar servizos, desarrolar eventos ou expoñer as túas creacións. Por suposto, contarás con todo o necesario para que poidas levar a cabo a túa actividade desde o día 1: mobiliario decorativo e de exposición, fornezo eléctrico, rede wifi propia, iluminación técnica, fío musical, pantalla led, almacén interior con elementos de soporte, probadores acondicionados.
Si estas interesado en recibir máis infomación, chámanos ao 881 888 888 ou escríbenos a [email protected]