Guess súmase á loita contra a violencia de xénero

Guess súmase á loita contra a violencia de xénero coa campaña Guess Denim Day, na que invitan a todos os seus clientes a poñer uns vaqueiros e compartir as súas fotos nas redes sociais cos hashtags #DenimDay #GuessForProgress e #StopSexualViolence. A data elixida é o 27 de maio, día no que todo o equipo de Guess Marineda City vestirá vaqueros e un foulard vermello para apoiar a causa.

Esta iniciativa ten a súa orixe no movemento Denim Day, impuslado pola asociación Peace Over Violence, en protesta contra as sentenza do Tribunal de Casación italiano, que en novembro de 1998 anulou a condea por violación dun home porque a vítima, unha moza de dezaoito anos, levaba uns vaqueiros cinguidos que, segundo o tribunal, non sería posible desabotonar sen o consentimento da moza.

Desde entón o Denim Day converteuse nunha campaña internacional de sensibilización da sociedade e prevención da violencia de xénero, iniciada en EE.UU. Co fin de favorecer a concienciación, GUESS Foundation Europe organiza o 27 de maio por segunda vez o Denim Day español e por terceiro ano consecutivo o Denim Day italiano, invitando a vestirse con vaqueiros, símbolo principal desta campaña, para subliñar de xeito enérxico o seu posicionamento contra a violencia sexual e de xénero.

Ademais, entre o 20 e o 27 de maio, Guess doará 10€ por cada par de jeans vendidos á Fundación Ana Bella, unha organización que proporciona apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero.