Marineda City: o teu destino de ocio e compras en Galicia

Máis de 180 tendas, restaurantes, cine, karting, parque infantil… Estas vacacións ven coñecer o centro comercial máis grande de Galicia e goza do mellor shopping con marcas como Pull & BearDecathlon, Footlocker, Massimo Dutti, Adidas, Amichi, Guess, H&M, Primark, O Corte Inglés, IKEA, Media Markt…

Situado á entrada da cidade da Coruña e con accesos directos desde a autopista, en Marineda City poderás descubrir as últimas tendencias da moda, atopar todo o que necesitas para o teu fogar ou para practicar o teu deporte favorito e pasar un día perfecto en familia, en parella ou con amigos: sexas como sexas, temos un plan para ti. Na nosa planta de lecer e restauración sorprenderémosche cunha chea de actividades para te divertir e unha oferta de restauración a proba dos máis esixentes. E moi pronto, inauguraremos unha nova zona exclusiva dedicada ao deporte con ximnasio propio e as marcas máis punteiras do sector.

Música, deporte e solidariedade: vive o verán Marineda City
Se estás planeando viaxar á Coruña este verán, en Marineda City espérache unha completa programación coa música, o deporte e a gastronomía como protagonistas e na que contaremos cun dos artistas máis queridos do panorama nacional, Antonio Orozco, que actuará o 6 de xullo na nosa praza exterior. Tamén teremos foodtrucks, un skimpark -un espazo no que practicar skimboard, disciplina derivada do surf e o skate- un skatepark e pistas polideportivas e moitas sorpresas máis: e é que Marineda City é como unha cidade na que sempre están pasando cousas!

Un fin de semana perfecto
Dispoñemos dun hotel de catro estrelas da cadea Carrís no que te podes aloxar se vés pasar uns días na nosa cidade. E se viaxas desde outro país, nos nosos puntos de información indicarémosche como solicitar a devolución do IVA para que aforres nas túas compras.

Nos puntos de información proporcionarémosche un directorio con toda a información sobre o centro: planos, tendas, servizos, así como un mapa da cidade. E se o teu é levar todo o que necesitas no móbil, non hai problema! Descarga a nosa app, na que poderás consultar a ubicación dos diferentes establecementos, memorizar a túa praza no parking ou estar ao tanto das nosas novidades. Fai clic aquí se o teu teléfono é Android ou aquí se é un Iphone para te facer con ela.

Tamén poderás beneficiarte dunha chea de ofertas e promocións grazas á nosa City Card Tourist: só tes que solicitala nos puntos de información ou a través da nosa app móbil.

Servizos pensados para ti
En Marineda City queremos que goces ao máximo da túa visita e que vivas unha experiencia sen agobios e con todas as comodidades; por iso, deseñamos servizos pensados para ti: personal shopper, caixeiros automáticos, prazas de aparcamiento para familias, taquillas, punto de recarga de móviles…

Se vés con nenos, prestámosche unha silliña ou unha mochila para que pasees con eles cómodamente e contamos con aseos infantís, salas de lactancia e cambiadores de bebés. Tamén dispoñemos dun servizo de préstamo de cadeira de rodas e de scooters eléctricas para persoas con movilidad reducida.