Este mes de abril vén cargadiño de plans top para xente con ganas de pasar un intre divertido! Sabemos que esta Semana Santa tes ganas de festa e en Marineda témolo todo listo para darcha.
Así que non o penses máis porque estás invitadx a todo! Ganas de shopping? Esperámoste! O xoves 6 de abril e o sábado día 8 estaremos 100% abertos, poderás visitar as nosas tendas, locais de lecer e restaurantes. Ademais, o venres 7 e o domingo 9 esperámoste na Planta 2 para que goces das zonas de lecer e restauración.
Pon atención que che contamos todo o que temos preparado e corre a voz aos teus amigos e familiares porque vén… PLA-NA-ZO!
Festa de inauguración de Living KIDS
Que fas o día 1 de abril? Porque en Marineda estamos a esperarte coa festa do ano onde inauguraremos os Living KIDS!
Apúntate este día de 16 a 20h na Planta 2 de Marineda e pasa un día inolvidable acompañando aos protagonistas principais da serie de Os Bolechas, onde actuarán e faranse fotos connosco.
Ademais, atoparás maxia, DJ, globos, flocos de millo, algodóns de azucre e ata uns inchables para saltar o máis alto posible!
Salta nos inchables (link axenda inchables) as veces que queiras durante todas as festas, estarán dispoñibles para os cativos desde o día 2 ata o 10 de abril de 12 a 14h e de 16 a 20h na Planta 2.
Vémonos na festa do ano!
Coñece á Patrulla Canina!
A Patrulla Canina chega a Marineda a pasar uns días divertidos con nosotrxs!
Descobre todas as actividades que teñen preparadas desde o 5 ata o 15 de abril na Praza Emilia Pardo Bazán (Planta Baixa) cun espectacular circuíto de habilidades, onde adestran a diario os membros da patrulla.
Adestra no tobogán, a pasarela, o rocódromo, o túnel, a tea de araña e non te perdas a súa actividade de pintacaras!
Supera todas as probas de habilidade e gaña un diploma da Patrulla Canina!
Ademais, tes a oportunidade de coñecelos persoalmente no Meet&Greet para poder facerte fotos con eles o sábado 8 e sábado 15 de 18 a 21 h. forte>
Ven gozar do 5 ao 10 de abril de 12 a 14 e de 17 a 21, 11 a 14 de abril de 17 a 21 e o sábado 15 de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. (A actividade permanecerá pechada os días 7 e 9).
Inscrición dispoñible en breve.
Reláxate na Praza Exterior!
Esta semana Santa é hora de que teñas o teu momento disfrutón, por iso recomendámosche que te pases pola Praza Exterior porque xa cheira a verán.
Vai a polo teu xeado favorito a Bico De Xeado porque chegaron para quedar co calorciño, tamén poderás pasarte por Custom Box e gozar do súper tiracroios que temos preparado.
Plans que merecen a pena!
Pero abril non acaba aquí, pronto empezarán os Living Kids! Así que, a partir do venres 14 de abril, todas as fins de semana do ano (venres, sábados e domingos) esperámoste na Planta 2 de 17 a 19h cunha chea de actividades, actuacións e talleres infantís para que os máis pequenos podan pasar un intre inesquecible.
Esperámoste en Marineda coa mellor enerxía!