As tradicións están para personalizalas, quen dixo que nos temos que atragoar todos coas uvas para as badaladas? Pois ninguén!
Para aqueles que probastes a pelar as uvas previamente e sacarlle as sementes, os que descubristes que iso das uvas sen pepitas tampouco funciona, ou mesmo os que atopastes confort nos doce Lacasitos; traémosvos alternativas ás uvas para xente con personalidade. 😉
Doce calcetíns no pé dereito
Para entrar ben no 2022 podes facerte con 12 pares de calcetíns nas nosas tendas de moda e accesorios. Sabemos que require certa flexibilidade e destreza, pero confiamos en ti, e esperamos foto!
Doce aneis, repetindo o dedo corazón
Por que o corazón? Pois para un novo ano con moooooito moito amor. Se queres darche un caprichiño, podes pasarche por José Luís Joyerías; se non, tamén podes achegarte a Slow, Claire’s, Parfois; e a nosa nova incorporación, Singularu!
Doce sorbos ao teu shake favorito
Lembra que Starbucks, Burger King, McDonald’s, VIPS e Mahalo Poké ofrecen unha selección de batidos e zumes perfectos para a ocasión.
Doce gominolas de Belros ou Xiana
Esta é quizais a opción máis clásica pero, quen non se anima adozar o primeiro minuto do ano? Se queres darlle un twist máis atrevido proba coas chuches máis tolas.
Doce bicos (con máscara) á túa persoa favorita no mundo
Temos que explicar algo disto? Punto extra se é FPP2 de Farmacia Castro.
Doce doses do teu perfume favorito
Que non se diga que non entramos no 2022 cheirando a gloria, éxito e bos momentos. Podes atopar as mellores frangacias en Rituals, Arenal, Yves Rocher e Sephora.
Doce canastras co set de baloncesto de escritorio de Tiger
Por favor, entra aquí para ver a que nos referimos, e sal correndo a buscalo. Estate esperando no teu Tiger favorito, o de Marineda. Disto queremos vídeo.
Doce chutes ao aire coa NERF
Esa de Poly que che trouxo Papá Noel este ano e pola que tantas discusións se xeran. Agora si, dispara!
E para os que conseguiron a mestría nisto de comerse 12 uvas de golpe, propoñémosvos un reto: este ano 12 donuts de Loops. Aceptades?