Entre carta que vai e agasallo que vén, mentres os atarefado trasgos e paxes ultiman os detalles para as noites máis esperadas do ano, os demais gozamos do mais importante do Nadal: a familia. As felices tardes son para enchelas de actividades cos que máis queres, aquí deixámosche algunhas ideas para un Nadal cheo de plans en Marineda. 😉
Nadal, na gran pantalla mellor
Marca no almanaque o 22 de decembro porque se estrea a peli máis esperada, Canta 2. Mentres, podes gozar de Clifford, el gran perro rojo ou El refugio. Flocos de millo, Coca-cola, súper peli e listos.
Merendas cun chisco de maxia
Aínda non probaches as tortas de Nadal de VIPS? Non sabemos a que esperas. Os nosos locais de restauración espérante coa oferta máis doce.
Provisión de doces para unha barriga contenta
Tamén podes levarte un capricho á casa: turróns do Hipercor, galletas do Nadal de Más que bueno ou os clásicos donuts de Loops&Coffee, ademais, en Belros poderás facerte con chuches temáticas.
Demostrar as túas habilidades na pista de xeo
Este ano, sen caerse! É o reto de sempre e só xs máis intrépidxs o conseguen. Xa podes gozar na pista de patinaxe. Adestra a túa técnica de luns a xoves de 16:45 a 21:30, os venres ata as 22:15, e fins de semana e festivos en horario continuado de 11 a 23 horas. Consulta aquí os horarios de datas especiais.
Acrobacias, escape room e esquí sen saír de Marineda
Apetéceche algo menos convencional? Xa temos o teu plan perfecto. Plan A: uns saltos en Ongravity, ou unha tarde esquí; plan B: escapa en equipo e pásao en grande en Estrella Park.
A escola de arte, un must para os creativos
Durante estas datas contaremos con moitos talleres no noso local Living Art na planta 0. Crea láminas únicas coas túas cores favoritas, decoracións do Nadal con madeira, pinzas, piñas e ata cacahuetes, ou personaliza globos nos nosos talleres. Elixe o teu e visítanos, as actividades son de acceso libre ata completar aforo.
27/12 Cacahuetes do Nadal (17 a 21 h.)
28/12 A arte que vira (17 a 21 h.)
29/12 Globos do Nadal (17 a 21 h.)
30/12 Piñas do Nadal (17 a 21 h.)
3/01 Pinzas do Nadal (17 a 21 h.)
4/01 Christmas Woods (17 a 21 h.)
Lembra ademais a visita de Papá Noel os días 22, 23 e 24 de decembro, e as súas maxestades os Reis Magos o 2, 3 e 4 de xaneiro. Consulta horarios e todas as claves do Nadal.