O Nadal chama á porta, e non podiamos ter máis ganas de que chegase! 😊 Reencontros, luces, sorpresas, ilusión a lume de biqueira e moita maxia!
Xa sabedes o que nos gusta en Marineda compartir con vós a maxia do Nadal, á que demos a benvida cun convidado de excepción: o pianista e escritor James Rhodes 🤩. O artista foi o encargado de dar o ON ás luces cun pequeno recital cheo de emoción e tenrura. Acompañado por Izan Fernández e Martina Hernández, dous bailaríns que amosaron a súa arte nun piano xigante como o da mítica escena da película Big, James Rhodes acendeu o Nadal ao compás de Rachmaninov y Brahms 🎹.
Tras este comezo de luxo, arrincamos cunha intensa programación do Nadal para que goces ao máximo da túa época preferida 🤗
Puntos selfie
Instalamos uns preciosos bambáns aos que xs fans dos selfies non poderán resistirse 🥰. Atópaos na planta 1 (fronte a Pull& Bear) e planta 2 (fronte a Lois) e comparte etiquetándonos Estamos a desexar ver as vosas fotos!
Empaquetado de agasallos
O tradicional servizo de empaquetado estará dispoñible do 9 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de 12 a 22 h, e situarase este ano no noso local Living Art Studio (corredor infantil, planta 0). E este ano, ademais, temos unhas colaboradoras de excepción: Anaquiños de Papel, que realizaron uns deseños exclusivos de adornos só para os vosos agasallos.
Visita de Papá Noel e Reis Magos
Santa e SSMM de Oriente non faltarán á cita cos máis peques, que os poderán visitar na planta 2. A Papa Noel, o 22 e 23 de decembro, de 17 a 21 h e o 24, de 16.30 h a 19.30 h. E aos Reis Magos, os días 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17 a 21 h.
Recollida solidaria de xoguetes
A época do Nadal é unha oportunidade para inculcar a nenas e nenos a importancia da solidariedade, por iso, colaboramos un ano máis con Cruz Vermella na campaña de recollida de xoguetes. Poderás entregar os teus do 20 de decembro ao 2 de xaneiro no local Living Art Studio (corredor infantil, planta 0).
Ademais, durante o mes de decembro o noso punto solidario acolle voluntarios das Ong Médicos sen fronteiras, Save the Children, o Banco de Alimentos Rías Altas, Alas Coruña, Aldeas Infantís e Cris contra o cancro, que darán a coñecer o seu importante labor. E lembra, o 16 de decembro non faltes á cita coa unidade móbil de doazón de sangue, que estará en Marineda en horario de 9.30 h a 14.30 e de 15.30 a 21.00 h.
Pista de xeo de Invernalia
Estabades a esperalo e poderedes gozar da pista de xeo de Invernalia na praza exterior. Unha experiencia moi do Nadal que se suma á nosa oferta de lecer, na que tamén poderedes gozar de locais top como o centro de deportes freestyle, Estrela Park, con boleira, realidade virtual e salas de Escape Room, Karting Marineda ou as mellores estreas de cinema para compartir risas, bágoas… e moitos flocos de millo.
Escola de arte
Este nadal organizamos uns fantásticos talleres gratuítos para que os peques da casa se mergullen na maxia das festas. Serán no local Living Art, desde o 27 de decembro a partir das 17 h e de acceso libre ata completar aforo.
Novas aperturas: Mr Wonderful e Singularu
Moi pronto daremos a benvida a dúas novas marcas moi Marineda e ideais para confeccionar as listas de agasallos deste Nadal, como son Mr Wonderful, a tenda de produtos con mensaxes que contaxian felicidade e alegría, e Singularu, a firma de xoias feitas en España coas últimas tendencias. Estas aperturas súmanse ás recentes de Vans, Bimba y Lola, Popking e Amantis. É que non paramos!
Ampliación datas devolución
Se es dos previsores que adiantan as súas compras, isto interésache: moitos dos nosos establecementos amplían os seus prazos de devolución para poñercho máis fácil 😉. Consulta os establecementos que ofrecen este servizo aquí.
Abrimos todos os domingos de decembro
E para que sigas gozando do shopping do Nadal sen présas, as nosas tendas, así como a restauración e o lecer, abren todos os domingos de decembro. Tamén o farán o mércores 8, así como os días 2 e 9 de xaneiro de 2022.
Ven a vivir o Nadal con nós: esperámoste!