Ilusión, reencontros, luces, agasallos🌠… A época máis máxica do ano está ao virar a esquina e hai poucxs que se resistan ao seu encanto. Sexas dxs que esperan con ansia a chegada do Nadal para compartir todo o amor que levas dentro ou, pola contra, és un auténtico e adorable grinch 😒, estamxs segurxs de que hai un calendario de advento para ti: desde os típicos de doces, aos cada vez máis sofisticados de produtos de beleza, pasando polos clásicos decorativos, nos establecementos de Marineda tes onde elixir. Regálao e regálacho! 🤗
- A conta atrás empeza en Sephora, onde non tes un só calendario de advento, senón varios! Todos pensados para que aproveites a conta atrás para as festas do Nadal regalando coidados ou consentíndoche moito.
- En Massimo Dutti tamén se apuntaron á tendencia self care cunha caixa de 24 produtos de beleza ideais para xs fans da firma.
- Os calendarios de advento beauty de H&M son un perfecto agasallo co que acertarás seguro.
- Un ano máis, Zara Home namóranos con calendarios do Nadal ideais para decorar a habitación dos peques da casa e involucralos na conta atrás cunha sorpresa cada día.
- Maisons du Monde son tamén especialistas en alegrarnos a casa cos detalles máis orixinais, e as súas propostas para advento son ideais.
- En Tiger sempre conseguen sorprendernos cos motivos máis divertidos, e o deste Nadal é, ademais, ecolóxico.
- En Primark tes variedade onde de temáticas: de Marvel, de Papa Noel, de Mickey Mouse… O difícil vai ser elixir!
- E para os máis clásicos, Lefties apúntase aos calendarios de advento propoñendo un pack de sete calcetíns de Nadal que che porán en modo Christmas á de xa 😉.