SURPRISE LAND: o mundo onde viven os premios chega a Marineda

Xa sabes que en Marineda City encántanos facer realidade os vosos desexos 😉 Pero esta vez, superámonos! 🤗 E é que creamos un mundo máxico onde atoparás tooodo o que imaxinaras: un unicornio 🦄 nun carrusel estilo retro 🎠🎪, cheas de algodón de azucre 🍭, xogos, sorpresas, un photocall… e miles de premios directos das túas tendas e establecementos favoritos! Todo isto é ✨ SURPRISE LAND, o mundo onde viven os soños✨

Sabemos que estás a desexar saber máis: contámoscho todo! Desde hoxe e ata o próximo 13 de novembro, a praza Emilia Pardo Bazán acolle SURPRISE LAND, onde poderás vivir esta experiencia máxica 🌟

Un carrusel para volver ser nenx, e o rei ou raíña de Instagram!
Instalamos un photobooth no que poderás cabalgar a lombos dun unicornio e inmortalizarlo coa última tecnoloxía en cámaras 360º en slowmotion para compartilo nas túas redes sociais ao instante. Para que saques o teu lado máis postureta 😎.
Un set de algodón de azucre
Neste percorrido decorado con motivos circenses temos un posto de algodón de azucre, porque a ninguén lle amarga un doce 🍭.
Un panel con miles de premios directos
Por se fose pouco, en SURPRISE LAND tamén tes a oportunidade de gañar premios directos lanzando unha pelota ao noso panel de números con miles de premios dos establecementos e marcas presentes no centro.
E un sorteo de 200 euros!
Os nosos seguidores de Instagram poderán, ademais, gañar unha tarxeta regalo de 200 euros para as súas compras en Marineda 😍. Para participar, só terán que compartir unha foto no carrusel de SURPRISE LAND co hashtag #SurpriseLandMC.

Consulta as bases do sorteo aquí.
Cando?
Poderás gozar da experiencia SURPRISE LAND do 2 ao 13 de novembro, de luns a venres de 17 a 21 horas e os sábados de 11.30 a 14.30 e de 17 a 21 horas.
Esperámoste!