Cans, gatos, iguanas, dragones barbudos, hurones, carpinchos… Se convives cunha mascota saberás que son unha parte moi importante da túa vida e que sempre queres o mellor para eles. Por iso, no Día Internacional dos Animais, contámosche algunhas ideas para consentir ao teu mellor amigo.
Traelo de compras
Claro! E é que Marineda City é un centro Pet Friendly, onde perretes, gatetes e outros habitantes do reino animal son máis que benvidos. Ademais, dispoñemos de servizos específicos para eles, como a zona de Pipican e un dispensador de bolsas para recoller as súas necesidades.
Peludos con estilazo
Non nos pode gustar máis a colección para mascotas de Zara Home: camas, alfombras, mantas, correas, xoguetes e todos os accesorios para que o teu compi peludo estea cómodo e con estilazo!
Mobles e accesorios a todo cor
A colección Lurvig ofréceche unha ampla gama de mobles e accesorios con gran variedade de cores, deseño e texturas. Achégache a IKEA A Coruña e elixe os teus favoritos. E é que ninguén mellor que o teu sabe os seus gustos e necesidades!
Máis de 8.000 produtos para a túa mascota
En Kiwoko son especialistas no mundo animal e por iso é o teu sitio se buscas o mellor para a súa alimentación, a súa hixiene e o seu benestar. Na súa tenda poderás atopar máis de 8.000 produtos para a túa mascota, xa sexa can, gato, tartaruga, papagaio ou peixe neón. Ademais, en Marineda City tamén tes unha clínica veterinaria Kivet para solucionar calquera contratempo de saúde.