Sabías que o transporte produce o 25% dos gases de efecto invernadoiro xerados en España? E os vehículos de estrada son responsables do 95% destas emisións. Pero a isto podemos poñerlle solución.
Estarás cansx de ler estas cifras estes días, pero é importante que as coñezas para que todxs poñamos o noso gran de area. As continuas alertas climáticas están a terminar de concienciar a aquelxs rezagadxs que aínda se mantiñan escépticxs, sabes como podes axudar? Contámosche como podes vir a Marineda. Ti elixes!👇
Andando
O coche de San Fernando é un clásico interxeracional, que ademais ten múltiples beneficios para a túa saúde. A OMS di que tes que andar como mínimo 150 minutos á semana, cúmprelo? Fai as túas compras andando! Que temos unha preciosa pasarela que nos conecta co polígono de Agrela. 😉
Bicicleta ou skate
Que si, que xa sabemos que no inverno hai un tempo terrible nesta querida cidade. Pero ti viches a preciosidade de chuvasqueiros que teñen as nosas tendas de moda e os establecementos de deporte? Non hai pinga que se lle resista! 😏 Ademais, non tes escusa para non traer a túa, xa que temos unha zona de aparcamento para bicis xunto á parada do bus 😉.
P.D.: A nosa pasarela conecta tamén o carril bici con Marineda City.🥳
Patinete
Este o empuxón definitivo que necesitabas para facerte dunha vez co patinete eléctrico que tanto querías. Parece que non son tan ecolóxicos como quixemos crernos nun principio, pero desde logo son unha alternativa ao coche máis que aceptable.
Ademais, temos aparcamentos con estación de carga para que poidas volver coas pilas cargadiñas.👌
Bus
Seguimos crendo que deberías aventurarte a vir andando, pero ás veces a climatoloxía non o permite, ou vas cargadísimx porque non puideches resistirte á incrible oferta das nosas tendas. Sempre podes subirte ao 11, que te deixa na porta mesmo.
Coche eléctrico
Dispoñemos de estacións de carga para todos os modelos, mesmo agora tamén podes cargar o teu Renault Zoe tras as actualizacións que incorporamos. Se tes que vir en coche, polo menos que sexa eléctrico! 🔌
Comparte o coche
Se non che convenceu ningunha das alternativas, propoñémosche unha medida responsable que case sempre está ao alcance de todos: comparte o coche. Se vides en grupo ou familia a pasar o día a Marineda, organizádevos e así mobilizaredes menos vehículos.☺
Xuntxs podemxs conseguir un lecer responsable que axude a frear o avance do cambio climático e a nosa pegada sobre o planeta. A Semana Europea da Mobilidade ten como obxectivo a concienciación da poboación ao redor das alternativas de transporte, e nós quixemos poñer da nosa parte con esta entrada. Comparte e contribúe!