A volta ao pasado, as pezas maxi e as cores vivas, os must deste verán

Queda menos dunha semana para que comece o verán, a estación favorita dos que gozan con múltiples combinacións de cores, indo máis fresquiñxs, arranxándose con menos capas de roupa e adoran os plans ao soliño. Ah, e sen esquecernos de que xa están na volta da esquina as ansiadas rebaixas. Por todo isto, non dos da chegado! 🤗

Para que non che pille a calor por sorpresa e poidas estar preparadx para calquera plan, presentámosche 5 tendencias ás que non poderás resistirte esta tempada, coas que estarás á última en calquera circunstancia posible e das que poderás empaparte e inspirarte en  Marineda City. 🛍

Sandalias de dedo en todas as súas versións

Aínda que non o creas, as sandalias favoritas este ano das fashion lovers son as máis atemporais, sofisticadas e minimalistas que atoparás nas tendas: as sandalias de dedo. Hai modelos para todos os gustos: planas, con tacón, con plataforma, con tiras, sen tiras e nunha infinidade de cores, aínda non tes as túas?

En tendas como Marypaz e Havaianas poderás atopar modelos que se adapten ás túas necesidades para ir cómodx e á moda.

O crochet

Se aínda non asaltaches o armario do teu avx, poida que este verán sexa o momento. Igual que o ano pasado, este repite un dos protagonistas característicos da moda hippie dos anos 60, o  crochet. Ademais, esta tendencia está presente en todo tipo de pezas ou accesorio, polo que non tes escusa algunha para aplicala nos teus looks diarios. O auxe desta tendencia está vinculado á consciencia colectiva por salvagardar o planeta, o que fai que a industria téxtil aposte por pezas máis sostibles. 🌎

Establecementos como Pull&Bear, Zara ou Mango levan tempo con este tipo de pezas nas súas tendas. Desde as cores máis básicas como o  beige ou negro ata as combinacións máis  coloridas que se che poidan pasar pola cabeza.

Os maxibolsos

A pesar de que hai pouco non facían máis que incitarnos a comprar mini bolsos, algún deles con tecidos máis artesanais, como os estilo capazo ou tecido rede (que son os que máis ven nas tendas durante o verán) e cuxa finalidade é ir o máis cómodxs posibles, esta tempada reaparecen, grazas a grandes firmas como Valentino e Acne Studios, eses bolsos nos que todo ten cabida, os bolsos XXL. Un tipo de complemento que se por algo se caracteriza é pola súa funcionalidade, debido ás súas grandes dimensións, pero ollo! Non convirtas o teu bolso no de Mary Poppins. 👜☂

En Parfois e Paco Martínez podes atopar gran variedade de modelos. É certo iso que din de que hai un bolso para cada persoa, así que atopa nestas tendas o que máis se adapte ás túas necesidades, sen deixar de ir á última!

Aínda por riba, non só traemos as pezas máis tendentes da tempada, senón tamén as cores sen os que non vas poder vivir.

A cor rosa

Xa o di a canción de Édith Piaf en “La vie en rose”. Despois dun ano no que non nos separamos da roupa cómoda e as cores neutras, as firmas máis coñecidas do mundo da moda apostaron esta primavera-verán por cores vibrantes, que acheguen alegría e frescura aos  looks. Sen dúbida, unha das súas apostas máis fortes é a cor rosa nas súas tonalidades máis rechamantes. Estará presente en infinidade de pezas como pantalóns vaqueiros ou americanas, ti decides como atreverte.

Guess tomouse moi en serio esta reivindicación dos tons vibrantes. O bo é que, se non te atreves cos rosas máis rechamantes, podes atopar gran variedade de tonalidades rosas nas súas pezas, víchelas? Ademais, María Molina, responsable da tenda Guess de Marineda lémbranos que os ceos azuis, as praias douradas e os estampados tropicais e coloridos predominan nos deseños da firma.

O Tie dye

Xa estivo de moda o ano pasado, pero este verán presenta unha diferenza substancial con respecto ao anterior; as tonalidades son máis discretas. Unha estupenda noticia para todxs aquelxs que aínda non se atreveron con esta tendencia (agora xa non tedes escusa). Ademais, un dos factores top deste estilo é que xs máis atrevidxs podedes probar a facer deseños na casa (do it yourself). Tan só necesitas unha peza á que queiras darlle unha segunda vida, un pouco de lixivia ou colorantes téxtiles. 📝 Telo todo!

Primark e Bershka tampouco quixeron deixar esta tendencia ao carón. Aplicaron o estampado a todas as pezas e accesorios que vos poidades imaxinar. Unha gran idea para iniciarte aos poucos nesta vertente consolidada no Street style.

Por último, pero non menos importante, aos máis peques da casa tamén lles gusta ir á última. Por iso, as cores vivas como o amarelo e os estampados como o de raias son dos máis solicitados. Ao tratarse de  nenxs “sempre se busca a comodidade no seu día a día, polo que as pezas fluídas e lixeiras son moi demandadas”, explícanos Diana Corral, responsable da tenda  IDKids de Marineda City.

Cal é a túa tendencia favorita? Descúbreas nas nosas tendas