sr reny living art
 

Living Art, talento local de ruta: falamos con Sr. Reny

Este porriñés afincado en Vigo sempre tivo claro que quería ser ilustrador, porque é o medio polo que mellor puido expresarse. Aínda que nós coñecémolo como Sr. Reny, cremos que na súa casa o chaman Javier, e é un dos marabillosos artistas que nos axudaron a encher de vida os espazos comúns do centro comercial a través do proxecto Living Art.

Dedicación e talento: ingredientes do éxito

Javier Ramírez ten 33 anos e empezou neste mundo da ilustración de adolescente, cando descubriu o universo do grafiti. De aí tirouse de cabeza ao mundo das artes e terminou estudando ilustración e deseño gráfico.

A quen quere seguir o seu camiño, Sr. Reny lémbralle que o máis importante é “ter paciencia e estar preparadx para investir moitas horas de traballo”, o consello común dos nosos colaboradores de Living Art (podes ler máis sobre Jano aquí e sobre Nuria Díaz aquí). Javier explícanos que “o proceso creativo segue sendo un traballo artesanal, por iso necesitamos tempo para desenvolver o potencial que todos levamos dentro”. Así que xa sabes, ao choio. 😉

A rúa, o mellor escenario

Cando lle preguntamos onde lle fai máis ilusión ver os seus deseños contounos que na rúa, porque é onde se ve máis real e onde calquera pode gozalo. Parece que aínda vive unha parte dese grafitero adolescente do Porriño en Sr. Reny. E iso nótase na frescura das súas ilustracións, a esencia da arte urbano. A nós polo menos encántannos!

Tamén se pode intuír a influencia dos seus referentes: MCBess, La Bocca’s ou Rafael Mayani.

De inspiración vai o seu proceso creativo, pois gústalle informarse primeiro sobre o tema clave do proxecto e tirar ideas desde aí. Como é o caso da súa colaboración con Living Art, que trouxo maxistralmente dúas das nosas cousas favoritas no mundo: a moda e o ecoloxismo.

Un grupo de personas disfrazadas

Descripción generada automáticamente con confianza baja

Arredor da moda, o seu mural reivindícaa como forma de expresión da personalidade. E a súa segunda ilustración lémbranos a importancia dunha vida sostible para deixar un planeta mellor a nosos peques.

Xa podes gozar de dous dos seus murais en Marineda City: dáte unha volta polos nosos corredores e descobre todas as creacións do proxecto de arte de ruta. Os de Sr. Reny están no corredor infantil na planta 0 e na planta 1 a carón de Bershka. Xa nos contarás cal é o teu favorito!