Living Art, talento local de ruta: falamos con Jano

A Alejandro Viñuela moitos o coñecedes como Jano. O ilustrador coruñés é un artista polifacético pois non só colaborou en revistas, cómics e libros ao longo da súa carreira, senón tamén en cartelería e outros aspectos de marcas como Estrela Galicia, e ata é profe!

Seguro que viches algo en Autsaider Cómics, a Revista Mongolia ou ata no Daily Telegraph; agora tamén podes velo en Marineda City. 😉

A súa traxectoria

Jano estudou Belas Artes en Pontevedra e agora é deseñador gráfico. Pero todo isto vénlle da idade máis doce, pois xa de pequeniño dedicábase a crear publicacións de tiradas de ata tres copias, e todo de forma artesanal! Coa chegada da tecnoloxía, adaptouse aos tempos e meteuse nisto das publicacións independentes cos seus amigos.

E así foi como aos poucos profesionalizou a súa paixón pola ilustración. Aos poucos porque, como nos conta, “a ilustración é unha actividade que, se decidiches dedicarte a ela, require de perspectiva, necesítase bastante tempo para alcanzar resultados”, asegurábanos que a práctica e a experiencia son os teus mellores amigos nesta viaxe.

A creatividade está en todas partes

Para a nosa iniciativa de arte de ruta Living Art, contamos coa colaboración de Alejandro Viñuela, e xa podes ver o seu mural na Planta 1 á beira de Tezenis. Nel, fálanos da música como linguaxe universal, porque nos permite comunicarnos a través das emocións.

Imagen que contiene Patrón de fondo

Descripción generada automáticamente

Pronto poderás gozar do seu segundo mural, atentx ás nosas redes sociais e nos teus paseos polo centro. Nesta ocasión fala da creatividade, porque está en todas partes, di que “todos somos creativos nalgún momento do día, mesmo en tarefas tan rutineiras como cociñar”, pois claro que si!

Living Art é unha iniciativa que naceu para dar apoio a artistas locais porque, como Jano, cremos que en Galicia temos moito de que presumir. Lembrabamos con el as obras de Lugrís, Seoane e Patiño. Por iso Living Art é un proxecto vivo, e esperamos colaborar con moitos máis artistas para encher de arte e vida o centro comercial. Polo momento podes gozar das creacións de Nuria Díaz, Sr. Reny e Jano. Ven dar unha volta! 😉