Moitos non saben que Emilia Pardo Bazán era unha muller adiantada ao seu tempo. ❤ Nada en 1851 na súa Marineda aristocrática, mergullouse nos círculos literarios da época co traslado da súa familia a Madrid, debido á carreira política do seu pai. Relacionouse con Galdós, Menéndez Pelayo, Blasco Ibáñez, Leopoldo Alas, … 📖💟 E foi alí onde se forxou a literaria con maiúsculas que podemos ler hoxe e a muller que nos inspira neste 8M, Día da Muller.
Esta gran escritora dá nome ao noso centro comercial, por iso, no ano do centenario do seu falecemento queremos compartir convosco nosas frases favoritas de Emilia. Para que poidamos lembrala xuntos como máis nos gusta, coas súas palabras! ☺
- “Non hai panca máis poderosa que unha crenza para mover as multitudes humanas.”
- “Os sentimentos non os eliximos véñennos, críanse como a maleza que ninguén planta e que asolaga a terra.”
- “A educación da muller non pode chamarse tal educación, senón doma, pois proponse por fin a obediencia, a pasividade e a submisión.”
- “Amar é un acto. Non te fatigues en pensar: ama.”
- “A educación física fai que a muller aumente a súa estatura e vigor e enriqueza o seu sangue.”
- “A inxenuidade adoita parecerse ao descaro.”
- “A paternidade, no medio dos seus calvarios, proporciona goces xenerosos que non comprendemos os que vivimos acoirazados na nosa prudente abstención.”
- “O mundo é un conxunto de ollos, oídos e bocas, que se pechan para o bo e ábrense para o malo gustosísimas.”
- “Mira diante de ti a sorte dos que foron; mira diante de ti a sorte dos que serán.”
O seu discurso, lido cos ollos de hoxe, sorprende a todo o que se achega á súa obra. Esperamos que che gustara, xa sabes que temos dúas das súas frases soadas na praza co seu nome en Marineda City. E tamén podes darte un paseo por Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para coñecer un pouquiño máis da súa historia. 😉