Sete tendencias de moda de primavera que tes que coñecer

Días máis longos, menos capas de roupa, máis tempo ao aire libre, novas coleccións nas tendas… 😉 Aínda quedan algunhas semanas para o seu comezo oficial, pero parece que a primavera quere empezar a facerse un oco. E que ganas temos de que chegue! Para preparar a chegada da estación que máis nos altera recompilamos as sete craves de moda que tes que coñecer para triunfar si ou si esta primavera.

  • Cropped e bralettes tops, pel á vista. Se che encanta pero pensabas que esta trend alert é só para as máis atrevidas, aquí van un par de opcións: lévao debaixo dunha camisa aberta ou por riba dunha camiseta básica 👌.
    Tops arriba, relaxed abaixo. Legado ou non do auxe das videochamadas froito do teletraballo, imponse o combo de partes de arriba arranxadas e partes de abaixo cómodas. Estamos a falar de tops sofisticados ou mangas abullonadas combinados con pantalóns chineses (outra tendencia que volve) ou leggings.
    Cut out, o escote de moda. Seguimos con tendencias que queren ensinar pel: o cut out cóase en tops e camisetas esta primavera.
  • Inxección de cor. Ademais dos xa anunciados como cores do ano por Pantone (o amarelo e o gris), as pasarelas cederon espazo a outras propostas cromáticas como o branco, o azul ou o laranxa. Pero, o protagonista desta tempada é, sen dúbida, o rosa nas súas distintas variantes.
    Chalecos sobre todo. Tras o éxito dos chalecos de punto que vivimos este inverno, que seguirán coándose no noso armario, chega o chaleco acolchado. Unha incorporación inesperada que achega novidade e calidez aos nosos looks.
    Zapatos cómodos, por favor! Mocasines, zocos, sandalias de dedo, deportivas… As opcións son múltiples, pero todas caracterízanse por primar a comodidade. Bota unha ollada ás propostas das nosas tendas.
    Uñas decoradas. O nail art non é unha tendencia nova, pero si se reafirma: levanse as uñas decoradas. Pode ser con motivos rechamantes, irregulares e coloridos, aínda que non extravagantes. Ou tamén, se o prefires, máis naturais, pero sempre coidadas. En Nails Factory seguro que acertan.

A estas tendencias súmanse outras que tamén poderás atopar nos nosos establecementos, onde ademais poderán asesorarche para atopar o estilo que máis vai contigo. Patricia, responsable do departamento de señora de Cortefiel, cóntanos que “está a chegar moito cadro vichy, pantalóns tipo palazzo e de corte cropped, vestidos vaporosos, con táboas e tamén o mariñeiro, que volve todos os anos”. E Natalia, encargada de tenda de Guess, apunta que “esta tempada as cores pastel veñen para quedar. Na nosa tenda tamén podemos ver como o cadro vichy faise oco entre os estampados desta primavera converténdose nun must”.

Xa decidiches con que tendencia quedas? Descúbreas todas nas nosas tendas.